Sally Olwen Clark (CBE), nada en Epsom (Surrey) o 15 de novembro de 1932, é unha cantante, actriz e compositora británica coñecida como Petula Clark. É célebre polas súas cancións de éxito nos anos 1960, en especial "Downtown", "I Know a Place", "My Love", "Colour My World", "A Sign of the Times" e "Don't Sleep in the Subway". Con máis de 68 millóns de discos vendidos no mundo, converteuse na artista británica máis prolífica, segundo se rexistra no Guinness World Records.

Traxectoria Clark naceu en Surrey (Inglaterra), filla de Doris (de solteira Phillips) e Leslie Noah Clark. Ambos os seus pais eran enfermeiros en Long Grove Hospital. Durante a segunda guerra mundial viviu coa súa irmá na casa dos seus avós en Newbridge, Caerphilly (Gales), nunha pequena casa de pedra sen electricidade nin auga corrente. O seu avó era mineiro.

Dende moi nova se interesou en diferentes producións.Kon, Andrea, This is My Song: A Biography of Petula Clark. Londres: W.H. Allen & Co. Ltd. 1983 ISBN 0 491 02898 9, pp. 23, 37-38 O seu primeiro público foi en Colliers' Arms en Abercanaid, preto de Merthyr Tydfil. De nena cantou no coro da capela e demostrou talento para as imitacións.Kon, Andrea, This is My Song: A Biography of Petula Clark. London: W.H. Allen & Co. Ltd. 1983 , pp. 23, 37–38 O seu pai introduciuna no teatro cando a levou a ver a Flora Robson nunha produción de 1938.

En outubro de 1942, con nove anos, debutou na radio cando acudiu a unha retransmisión da BBC co seu pai. Estaba alí para intentar enviar unha mensaxe a un tío que estaba no estranxeiro, mais o programa atrasouse por un ataque aéreo. Durante o bombardeo, o produtor pediu que alguén actuase para tranquilizar o público e ela ofreceuse a cantar "Mighty Lak' a Rose", con grande éxito. Despois repetiu a interpretación no programa, o que a levou a unhas 500 aparicións en programas para entreter as tropas. (consultado o 23 de abril de 2011).

Con só trece anos fixo a súa primeira incursión na gran pantalla co filme A Medal for the General. Ese mesmo ano tamén participou en Strawberry Roan, Query e I Know Where I’m Going!; este foi o principio dunha longa filmografía. Outros dos seus filmes significativos foron Dance May (1950), The Gai Dog (1954), Daggers Drawn (1964) ou Never never Land (1982), entre outros.

Aos vinte e dous anos arrincou simultaneamente unha brillante carreira na música. Estreouse coa canción "The Little Shoemaker", á que seguiron "Alone" e "Sailor", canción que chegou a ser número un en 1960. Precisamente nesta década en que todas as súas cancións se convertían en éxitos, decidiu trasladarse a Francia tras contraer matrimonio con Claude Wolf.

Musicalmente o seu maior éxito foi a canción "Downtown", do compositor Tony Hatch,Kon, pp. 157-58 sinxelo que se colocou no número un no Reino Unido e nos Estados Unidos de acordo á lista de Billboard no ano 1964.Legends: Petula Clark — Blue Lady, broadcast on BBC Four 19 de novembro de 2006 Tivo un segundo número un nos Estados Unidos en 1966 coa canción "My Love".

A fama que logrou na música ofreceulle a posibilidade de traballar na televisión en producións de grande éxito.

Filmografía Medal for the General (1944) Strawberry Roan (1945) Murder in Reverse (1945) I Know Where I'm Going! (1945) Trouble at Townsend (1946) London Town (1946) Vice Versa (1948) Easy Money (1948) Here Come the Huggetts (1948) Vote for Huggett (1949) The Huggetts Abroad (1949) Don't Ever Leave Me (1949) The Romantic Age (1949) Dance Hall (1950) White Corridors (1951) Madame Louise (1951) The Card (1952) Made in Heaven (1952) The Runaway Bus (1954) The Gay Dog (1954) The Happiness of Three Women (1954) Track the Man Down (1955) That Woman Opposite (1957) 6.5 Special (1958) À Couteaux Tirés (1964) O val do arco da vella (1968) Goodbye, Mr. Chips (1969) Drôles de Zèbres (1977) Never, Never Land (1980) Sans Famille

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Petula Clark en cinefania.com Vídeo de Petula Clark - Downtown

Categoría:Nados en Surrey Categoría:Nados en 1932 Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Actores de cinema de Inglaterra Categoría:Actores de teatro de Inglaterra Categoría:Actores de televisión de Inglaterra Categoría:Artistas de Columbia Records Categoría:Artistas de Warner Bros. Records Categoría:Artistas de Decca Records Categoría:Artistas de EMI Records Categoría:Nenos prodixio Categoría:Cantantes en lingua alemá Categoría:Cantantes en lingua francesa