Quill ou P-40 foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 21 de decembro de 1964 mediante un foguete Thor Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea (Australia).
Características Quill foi o primeiro satélite en intentar usar un radar de apertura sintética como método de recoñecemento. O radar, denominado KP-II, foi fabricado por Goodyear e usaba a banda X (9,6 GHz). A antena do radar medía 4,6 x 0,6 m e sobresaía dun lateral do satélite, que tiña forma cilíndrica. Os datos obtidos polo radar eran grabados en película fotográfica que logo se enviaba a terra mediante unha cápsula recuperable. Debido a cuestións diplomáticas o satélite só se enfocou en obxectivos en territorio dos Estados Unidos. O satélite esgotou as súas baterías o 26 de decembro de 1964 e despois de que o radar fora usado catorce veces. A análise dos datos amosou que a resolución do radar non era suficiente para obter información valiosa dos obxectivos. Quill reentrou na atmosfera o 11 de xaneiro de 1965.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Thor Agena D
Categoría:Satélites artificiais