Alfredo Bautista Alconero, coñecido como Reisiño e Rey, nado en Ponteareas o 4 de novembro de 1912El Tea, 16-11-1912, p. 72. e finado no Porriño o 13 de decembro de 2000,La Voz de Galicia, Vigo, 15-12-2000, p. 72. foi un debuxante e político galego.
Traxectoria Facía caricaturas e debuxaba os carteis do cine de Ponteareas. Militante das Juventudes Socialistas Unificadas. Futbolista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo co seu irmán Manuel Bautista Alconero Piruel. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, foi condenado a cadea perpetua. Catro días despois conmutáronlle a pena por 30 anos de cárcere. Cumpriu a condena no campo de concentración da Illa de San Simón, onde fixo caricaturas de varios dos alí recluídos. Saíu en liberdade en 1940, casou e instalouse no Porriño. Traballou en Zeltia e foi adestrador deportivo.
Recoñecementos
O Seminario de Estudos Porriñeses Alfredo Bautista Alconero leva o seu nome.
Un campo de fútbol da parroquia ponteareá de Ribadetea leva o seu nome.
Vida persoal
Casou con Charo Hermida.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Antonio Caeiro e outros (1995). Aillados.
Ligazóns externas Pato, Alfonso (15/12/2006). "Namorarse en San Simón" El País.
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes