Ronald Anthony Parise, nado en Warren (Ohio) o 24 de maio de 1951 e finado o 9 de maio de 2008, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-67 e STS-35.
Traxectoria Parise graduouse en física pola Universidade Youngstown do Estado de Ohio en 1973 e era máster e doutor en astronomía pola Universidade de Florida en 1977 e 1979 respectivamente.
Participou nas misións STS-67 e STS-35, pasando un total de 25,59 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-67 STS-35
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Finados en 2008