Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.
miniatura|242x242px|Real Venezolano cuñado en Caracas polo Goberno republicano en 1810 O real foi a moeda de curso legal de Venezuela ata 1843, cando foi substituída polo peso venezolano.
Historia
O real español Ata 1821, o real de prata español circulaba normalmente polo territorio da República de Venezuela. En 1802, as autoridades españolas abriran a Real Casa de Moeda de Caracas, na que se cuñaron moedas coa denominación en reais ata 1821. Os realistas emitiron en prata moedas de 1, 2 e 4 reais entre 1817 e 1821. Durante ese período, Venezuela foi parte da Gran Colombia."La Triste Historia de la Casa de Moneda de Caracas (Parte I) ". Monedas de Venezuela."Caracas. Real (1802-1830)". Numista.com
Entre 1813 e 1817, as provincias de Güiana e Maracaibo, que permanecían fieis á monarquía española, emitiron moedas con denominacións en reais e as súas fraccións."Guayana. Real (1813-1817)". Numista.com"Maracaibo. Real (1813-1814)". Numista.com
O real venezolano Paralelamente ás cuñaxes dos realistas, os insurxentes emitiron en Venezuela as súas propias moedas con valores en reais venezolanos, coa mesma paridade que o real español. Desde os primeiros momentos da guerra de independencia (1810-1823), cuñáronse moedas de prata de 1 e de 2 reais, inicialmente a imitación das moedas españolas "macuqinas", cuñadas a martelo.Primeiras moedas republicanas "macuquinas": 1 real e 2 reais. Numista.com
En 1812, o Goberno republicano emitiu, en cobre, moedas de 1/8 e de 1/4 de real, e moedas de prata de 1/2 e de 1 real. Estas moedas amosan no reverso o número 19 entre estrelas, en alusión ao día da revolución que deu inicio ao proceso de independencia: 19 de abril de 1910.Emisións do Goberno republicano (1812): 1/8 real, 1/4 real, 1/2 real e 1 real. Numista.com
A partir de 1821, coa integración de Venezuela na Gran Colombia, o real colombiano foi distribuído por Venezuela e algunhas desas moedas (1/4 real e 1/2 real) foron cuñadas na ceca de Caracas."1/4 real. Gran Colombia (1821). Caracas". Numista.com"Historia Numismática. Época de la Gran Colombia (1821-1830)". Monedasdevenezuela.com
En 1837, o real colombiano foi substituído polo peso colombiano (subdividido en 8 reais) e, pola súa vez, en 1843 o real venezolano, que tiña paridade co real de Colombia, foi substituído polo peso venezolano (subdividido en 10 reais).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Economía de Venezuela Bibliografía Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed. ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
Categoría:Moedas de Venezuela Categoría:Real (moeda) Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas fóra de curso