Juan Diego Ruiz Moreno, nado en Bormujos (Sevilla) o 14 de decembro de 1942, e finado en Madrid o 28 de abril de 2022, foi un actor español.
Traxectoria Juan Diego declarou que pasou unha infancia feliz e completamente normal. Aínda que sempre se sentiu identificado coa súa vila, de mozo decidiu estudar en Sevilla para evitar dedicarse ás faenas do campo. A súa temperá vocación interpretativa cobrou forma en 1957, cando subiu por vez primeira a un escenario.
Tres anos máis tarde interpretou en Sevilla Á espera de Godot, de Samuel Beckett, un traballo polémico que cimentou o seu prestixio entre a crítica. Ampliou a súa formación no Conservatorio de Música e Declamación, estudos que lle permitiron entrar en contacto con Televisión Española (TVE). Interveu nunha gran cantidade de programas da televisión, entre telenovelas, producións dramáticas e o popular Estudio 1. Esta experiencia permitiulle coñecer a fondo as táboas e familiarizarse cos estamentos da profesión.
Tamén de novo tomou conciencia política e comezou a militar na Frente de Estudiantes Sindicalistas, que era a rama xuvenil do falanxismo disidente, que despois deu orixe á Falange Independiente. Porén, como outros militantes dese ambiente, acabou derivando cara a unha militancia no Partido Comunista de España (PCE), entón clandestino.
En 1975 foi un dos líderes da folga de actores que reivindicaba a redución da xornada laboral para os intérpretes teatrais. Ese mesmo ano apareceu xunto a Ana Belén no filme La criatura de Eloy de la Iglesia, con quen xa colaborara en Algo amargo en la boca (1969), e participou no primeiro filme de Francisco Rodríguez, La casa grande, que participou no Festival Internacional de Cinema de Berlín.Nomeamentos e premios de La casa grande en IMDb.
Na década seguinte interveu en Los santos inocentes (Mario Camus, 1984). Foi entón cando consolidou a súa carreira no cinema. A súa interpretación como o intrigante capuchino de El rey pasmado (1991), valeulle o seu primeiro premio Goya. A mediados da década de 1990 diminuíu a súa actividade cinematográfica, centrándose na súa carreira teatral. miniatura|210px|Juan Diego e o resto do elenco da serie Los hombres de Paco. En 1999 produciuse o seu regreso ao cinema con París-Tombuctú, en que daba vida a un anarquista que andaba espido polas rúas do lugar. Asunción Balaguer e Liberto Rabal anunciaron que o intérprete gañara o seu segundo Goya, que recolleu o director Luis García Berlanga, agradecéndolle que fose o "único actor que tivo as pelotas de saír en pelotas".
En 2002 Juan Diego regresou á televisión para porse ás ordes de Benito Zambrano en Padre Coraje, papel polo que obtivo o premio da Unión de Actores. Na gala de entrega, os candidatos berraron ao unísono "non á guerra", rexeitando a decisión de George W. Bush de iniciar a guerra de Iraq. O propio Juan Diego lera manifestos na Porta do Sol acompañado de María Barranco e Juan Diego Botto, chegando a atender no escenario un manifestante ferido pola policía.
En 2005 comezou a popular serie Los hombres de Paco, que durou ata 2010, nela actuou xunto cos actores Paco Tous, Pepón Nieto, Hugo Silva e Adriana Ozores.
Filmografía parcial Ano Filme Director 2019 A pesar de todo Gabriela Tagliavini 2016 No sé decir adiós Lino Escalera 2014 Anochece en la India Chema Rodríguez 2012 Todo é silencio José Luis Cuerda 2012 30 años de oscuridad Manuel H. Martín 2011 23-F: la película Chema de la Peña 2010 Lope Andrucha Waddington 2010 Que se mueran los feos Nacho G. Velilla 2009 Rose et noir Gérard Jugnot 2007 Casual Day Max Lemcke 2007 Fuerte Apache Jaume Mateu Adrover 2006 Vete de mí Víctor García León 2006 El camino de los ingleses Antonio Banderas 2006 Remake Roger Gual 2006 El triunfo Mireia Ros 2006 Pobre juventud Miguel Jiménez 2004 María querida José Luis García Sánchez 2004 El séptimo día Carlos Saura 2004 Noviembre Achero Mañas 2004 Torapia Karra Elejalde 2004 A vida que che espera Manuel Gutiérrez Aragón 2003 Torremolinos 73 Pablo Berger 2003 Una pasión singular Antonio Gonzalo 2002 La virgen de la lujuria Arturo Ripstein 2002 Smoking Room Roger Gual e Julio D. Wallovits 2000 Fugitivas Miguel Hermoso 2000 You're the One (una historia de entonces) José Luis Garci 1999 El invierno de las anjanas Pedro Telecha 1999 París-Tombuctú Luis García Berlanga 1999 Entre las piernas Manuel Gómez Pereira 1998 Yerma Pilar Tavora 1997 La novia de la media noche Antonio Simón 1993 Tirano Banderas José Luis García Sánchez 1992 El beso del sueño Rafael Moreno Alba 1992 Jamón, jamón Bigas Luna 1991 El rey pasmado Imanol Uribe 1991 Martes de carnaval Fernando Bauluz e Pedro Carvajal 1991 La noche más larga José Luis García Sánchez 1991 Cabeza de Vaca Nicolás Echevarría 1989 La noche oscura Carlos Saura 1988 Pasodoble José Luis García Sánchez 1987 Jarrapellejos Antonio Giménez Rico 1987 Laura, del cielo llega la noche Gonzalo Herralde 1987 Los negros también comen Mario Ferreri 1986 El hermano bastardo de Dios Benito Rabal 1986 Dragon Rapide Jaime Camino1986 El viaje a ninguna parte Fernando Fernán Gómez 1985 Los paraísos perdidos Basilio Martín Patino 1985 De tripas corazón Julio Sánchez Valdés1984 Los santos inocentes Mario Camus1977 La criatura Eloy de la Iglesia 1975 El Love Feroz o Cuando los hijos juegan al amor José Luis García Sánchez 1970 El demonio de los celos Ettoro Scola 1969 Algo amargo en la boca Eloy de la Iglesia 1966 Fantasía... 3 Eloy de la Iglesia
Premios Ano Premios Categoría Filme Resultado 1986 Premios Goya Mellor actor protagonista Dragon Rapide 1986 Fotogramas de Prata Mellor actor de cinema Dragon RapideEl hermano bastardo de DiosEl viaje a ninguna parte 1988 Fotogramas de Prata Mellor actor de cinema Así como habían sidoJarrapellejosPasodoble 1989 Premios Goya Mellor actor protagonista La noche oscura 1991 Premios Goya Mellor actor secundario El rey pasmado 1991 Fotogramas de Prata Mellor actor de cinema El rey pasmadoLa noche más largaMartes de carnaval 1992 Premios da Unión de Actores Mellor actor protagonista de teatro No hay camino al paraíso, nena 1999 Premios Goya Mellor actor secundario París-Tombuctú 1999 Fotogramas de Prata Mellor actor de teatro El lector por horas 2000 Premios Goya Mellor actor secundario You're the One (una historia de entonces) 2000 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor secundario Fugitivas 2000 Premios Max Mellor actor protagonista El lector por horas 2001 Premios da Academia da Televisión de España Mellor interpretación masculina Padre Coraje 2002 Fotogramas de Prata Mellor actor de televisión Padre Coraje 2002 Premios da Unión de Actores Mellor actor protagonista de televisión Padre Coraje 2002 Festival de Cinema Español de Málaga Biznaga de Prata ao mellor actor Smoking Room 2002 TP de Ouro Mellor actor de televisión Padre Coraje 2003 Premios Goya Mellor actor secundario Torremolinos 73 2004 Premios Goya Mellor actor secundario El séptimo día 2004 Premios da Unión de Actores Mellor actor secundario de cinema El séptimo día 2004 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor secundario El séptimo día 2005 Fotogramas de Prata Mellor actor de teatro El pianista 2006 Premios Goya Mellor actor protagonista Vete de mí 2006 Fotogramas de Prata Mellor actor de cinema Vete de mí 2006 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor Vete de mí 2006 Festival de Cinema Español de Málaga Biznaga de Prata ao mellor actor El triunfoRemake 2006 Premios da Unión de Actores Mellor actor protagonista de cinema Vete de mí 2006 Festival Internacional de Cine de Donostia Cuncha de Prata ao mellor actor Vete de mí 2008 Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor Casual Day 2009 Fotogramas de Prata Mellor actor de televisión Los hombres de Paco 2009Festival de Cinema Español de Málaga Premio Málaga 2010 Premios da Unión de Actores Mellor actor secundario de cinema Lope 2011 Premios Goya Mellor actor secundario 23-F: la película 2013 Fotogramas de Prata Toda unha vida 2014 Festival de Cinema Español de Málaga Biznaga de Prata ao mellor actor Anochece en la India 2017 Festival de Cinema Español de Málaga Biznaga de Prata ao mellor actor secundario No sé decir adiós
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Tebar, Juan: Juan sin miedo. Cádiz, Editorial Dalya, 2015, ISBN 978-84-944095-9-2
Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Actores de Andalucía Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España