José Cordal Yáñez, nado en Santiago de Compostela en 1896 e finado en Salceda de Caselas o 1 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Veciño do Porriño dende os anos vinte, onde traballaba como condutor dunha camioneta da empresa Avícola Gallega. Foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de febreiro de 1931 polas minorías, tomando posesión en setembro.El Tea, 3-10-1931, p. 2. Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro.El Pueblo Gallego, 15-3-1936, p. 4. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado o 1 de setembro con Ramón Pérez Cabaleiro e Severo Boente. O seu cadáver apareceu na parroquia de Budiño.

Vida persoal

Casou no Porriño con Marcelina Mouriño Rodríguez en 1926,El Tea, 3-6-1926, p. 3. e foi pai de José Cordal Mouriño. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Concelleiros do Porriño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1896 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos