miniatura|140x140px|Moeda longobarta (tremissis) cuñada a nome de Desiderio
Desiderio de Lombardía, nado cara ao 710 en Brescia e finado cara ao 786 en Liexa, foi un duque longobardo de Tuscia, cualificado igualmente por veces como «duque de Istria», é o derradeiro rei dos longobardos de Italia (757 – 774).
752-756.
Traxectoria
Aistolfo, rei dos longobardos, morreu sen fillos, Desiderio xuntou un axército e forzou a Ratchis, irmán de Aistolfo, a lle ceder os seus dereitos, 757. Logo atacou o Papa Estevo II; pero foi rexeitado por Pipino o Breve. En 770, entregou a súa filla a Carlomagno esperando ter nese príncipe un aliado seguro; pero desde o ano seguinte, tivo que soportar o ver á súa filla repudiada, e en 773 os seus propios estados foron invadidos polo seu xenro, ao que chamara o Papa Adrián I, ameazado polos longobardos. Vencido polos francos de Carlomagno, cercado e preso en Pavia, capital longobarda, capitula en marzo de 774 antes de ser enviado ao mosteiro de Corbia (Picardía actual) ou de Liexa ata o fin dos seus días, se cadra sobre 786.
Xenealoxía
Desiderio de Lombardía, casa con Ansia (ou Ansa)
│ ├─ Gerberga │ casa en 768 con Carlomán I (cf. Carolinxios) │ ├─ «Desiderada»: repudiada por Carlomagno antes de 771 │ casa en 770 con Carlomagno (cf. Carolinxios) │ ├─ Adelchis († 788): expulsado de Italia por Carlomagno en 774 ou 775, refúxiase en Bizancio. │ |_ Liutberga da Lombardía. Casa con Tasilon III de Baviera (cf. Agilolfing)
Véxase tamén Bibliografía Jean-Charles Volkmann, Bien Connaître les généalogies des rois de France ISBN 2-87747-208-6. Michel Mourre, Le petit Mourre. Dictionnaire d'Histoire universelle ISBN 978-2-04-732194-2. Outros artigos Reino longobardo. Longobardos. Carlomagno. Carolinxios. Francos.
Categoría:Duques de Tuscia Categoría:Reis longobardos Categoría:Finados en 774