Jesús Louzán Giráldez, nado cara a 1899 e finado no Porriño o 26 de maio de 1966,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 27-5-1966, p. 4. foi un empresario e político galego.

Traxectoria Dono da empresa Manufacturas del Caucho JLG. Na República foi presidente da sociedade deportiva El Pedal en 1934.El Pueblo Gallego, 17-5-1934, p. 12. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e trala destitución da xunta anterior, foi nomeado xefe local de Falange do Porriño en febreiro de 1937.El Pueblo Gallego, 24-2-1937, p. 8. En abril de 1939 agrediu ao secretario do Xulgado do Porriño Luis Román Santaló Junquera.El Pueblo Gallego, 13-4-1939, p. 7. Volveu ser nomeado xefe de Falange en agosto de 1939.El Pueblo Gallego, 23-8-1939, p. 5. Foi nomeado alcalde do Porriño o 27 de xaneiro de 1940. Foi destituído polo gobernador civil o 25 de xaneiro de 1941, aínda que foi reintegrado novamente ao cargo ata o seu cesamento definitivo en novembro de 1941.

Vida persoal

Casou con Carmen Avendaño Pazo, e foi pai de María del Carmen, María del Rosario e Roberto Louzán Avendaño. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Empresarios de Galicia

Categoría:Falanxistas

Categoría:Alcaldes do Porriño Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1966