O cervo das pampas (Ozotoceros bezoarticus) é unha especie de cervo que vive nas pampas de América do Sur, en terreos de baixa altitude.Geist, Valerius. Deer of the world their evolution, behaviour, and ecology. Mechanicsburg, Pa: Stackpole Books, 1998 O seu hábitat tamén inclúe zonas húmidas e outeiros, a miúdo con seca invernal, e vexetación alta de abondo como para cubrir un cervo en pé.P., Walker, Ernest. Walker's Mammals of the world. Baltimore: Johns Hopkins UP, 1991 A maioría dos exemplares en liberdade vive nas terras húmidas do Pantanal, onde se están a levar a cabo accións pola súa conservación, así como noutras áreas con ciclos anuais de asulagamento. A actividade humana cambiou fortemente o seu hábitat orixinal. Sábese que poden vivir até os 12 anos en liberdade, e aínda máis en catividade, mais a especie está ameazada pola caza e pola perda do seu hábitat. Existe unha gran conciencia entre a poboación sobre a súa perda, xa que unha poboación saudable de cervo das pampas mantén unha pradeira saudable, e a pradeira é o fogar de numerosas especies, algunhas das cales tamén están ameazadas. Moitas aves de América do Norte migran cara ao sur nesas áreas, e se o hábitato do cervo das pampas desaparece, crese que isto afectará á poboación destas especies de paxaros. Existen uns 80 000 exemplares de cervo das pampas, a maioría dos cales viven no Brasil.IUCN Mammal Red Data Book. Gland, Switzerland: IUCN, 1982

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Cérvidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Mamíferos do Uruguai Categoría:Mamíferos de Paraguai Categoría:Mamíferos do Brasil Categoría:Mamíferos de Bolivia Categoría:Mamíferos da Arxentina