miniatura|250x250px|O soño do cabaleiro ou A vida é soño, cadro do pintor barroco Antonio de Pereda exposto na Academia de S. Fernando, Madrid.

dereita|miniatura|250x250px|A vida é soño. Relevo en bronce, detalle do monumento a Calderón na Praza de Santa Ana de Madrid (Obra de J. Figueras, 1878). La vida es sueño é unha obra de teatro de Pedro Calderón da Barca estreada en 1635 e pertencente ao movemento literario do barroco. O tema central é a liberdade do ser humano para configurar a súa vida, sen deixarse levar por un suposto destino.

Sinopse A obra trata da vida de Sexismundo, fillo do rei-astrólogo Basilio, de Polonia, que encerreo o seu propio fillo dentro dunha torre despois de interpretar no horóscopo que o nacemento do seu fillo lle traería moitas desgrazas. Co paso do tempo, o rei ordena que traian do cárcere o seu fillo, mais este compórtase dunha maneira incivilizada e volve ser encerrado. O pobo libera o príncipe Sexismundo cando se decata de que volveu ser encarcerado.

Estrutura A obra de Calderón divídese en tres actos: Acto primeiro: dende que Clarín e Rosaura chegan á torre onde se atopa encarcerado Sexismundo ata a liberación de Rosaura e Clarín. Acto segundo: dende o espertar de Sexismundo no palacio real ata o famós monólogo deste (toda la vida es sueño / y los sueños, sueños son). Acto terceiro: dende que o pobo quere liberar Sexismundo da torre (onde estaba novament encarcerado) ata que o rei recoñece a Sexismundo como futuro rei de Polonia.

Véxase tamén Ligazóns externas New production of La vida es sueño no Repertorio Español de Nova York, novembro de 2008 Texto completo en Project Gutenberg na súa tradución ao inglés (Denis Florence MacCarthy, 1873) Odeon Theatre, Bucharest, Romania. Life is Dream. 2011

Categoría:Obras de teatro en castelán Categoría:Obras literarias de 1635