Les Misérables é unha novela histórica francesa de Victor Hugo publicada en 1862, considerada unha das máis grandes novelas do século XIX.
A novela comeza en 1815 e culmina en 1832 coa revolución de xuño en París. Segue as vidas e as interaccións entre varias personaxes, especialmente as dificultades do exconvito Jean Valjean e a súa experiencia de redención. Examinando a natureza da lei e da graza, a novela afonda na historia de Francia, a arquitectura e o deseño urbano de París, a política, a filosofía moral, o antimonarquismo, a xustiza, a relixión e os tipos e a natureza do amor romántico e familiar.
Les Misérables foi popularizado grazas a múltiples adaptacións no cinema, na televisión e no teatro.
Partes Volume I: Fantine Volume II: Cosette Volume III: Marius Volume IV: o idilio na Rue Plumet e a épica na Rue St. Denis Volume V: Jean Valjean
Recepción contemporánea A aparición da novela foi un evento anticipado, xa que Victor Hugo estaba considerado un dos principais poetas de Francia da súa época. The New York Times anunciou a súa próxima publicación xa en abril de 1860. Unha campaña de publicidade masivaLa réception des Misérables en 1862 – Max Bach – PMLA, Vol. 77, No. 5 (decembro de 1962) precedeu a publicación dos primeiros dous volumes de Les Misérables en Bruxelas o 30 ou 31 de marzo e en París o 3 de abril de 1862. O resto dos volumes apareceron o 15 de maio de 1862.
As reaccións críticas foron de amplo rango, en ocasións negativas. Algúns críticos atoparon o asunto inmoral, outros queixáronse do sentimentalismo e outros preocupáronse pola aparente simpatía cos revolucionarios. L. Gauthier escribiu en Le Monde o 17 de agosto de 1862: "Un non pode lela sen unha repulsión invencible todos os detalles que Monsieur Hugo dá sobre o éxito dos plans de complot".PDF Os irmáns Goncourt xulgaron a novela artificial e decepcionante.Goncourt, Edmond et Jules, Journal, Vol. I, Laffont, 1989, , April 1862, pp. 808–09 Flaubert non atopou "verdade nin grandezas" nela. Nunha crítica nun xornal, Charles Baudelaire eloxiou o éxito de Hugo en centrar a atención pública nos problemas sociais, aínda que pensou que esa propaganda era oposta á arte. En privado describiuna como "inmunda e inepta" ("immonde et inepte"). A igrexa católica incluíuna no Index Librorum Prohibitorum.
A novela foi un éxito comercial e un libro popular dende a súa publicación. O mesmo ano da súa publicación foi traducida a varias linguas, incluíndo inglés, italiano, grego e portugués, facéndose popular en toda Europa.
Adaptacións Dende a publicación orixinal, Les Misérables foi obxecto de numerosas adaptacións en diferentes medios. Algúns exemplos son: Filme de 1934, versión francesa de 4½ horas dirixida por Raymond Bernard e protagonizada por Harry Baur, Charles Vanel, Florelle, Josseline Gaël e Jean Servais. Filme de 1935 de Richard Boleslawski, con Fredric March e Charles Laughton, candidata ao Óscar ao mellor filme. Adaptación radiofónica de 1937 de Orson Welles.Radio Programs Scheduled for this Week, The New York Times, 25 de xullo de 1937 Filme de 1952 de Lewis Milestone, con Michael Rennie e Robert Newton. Filme de 1958 de Jean-Paul Le Chanois, con Jean Gabin, Bernard Blier e Bourvil. Chamada "a versión cinematográfia máis memorables", foi filmada en Alemaña Oriental e é manifestamente política. Telefilme de 1978, con Richard Jordan e Anthony Perkins. Musical de 1980, de Alain Boublil e Claude-Michel Schönberg. Filme de 1982, de Robert Hossein, con Lino Ventura e Michel Bouquet. Filme de 1995, de Claude Lelouch, con Jean-Paul Belmondo Filme de 1998, con Liam Neeson e Geoffrey Rush. Miniserie de 2000, con Gérard Depardieu e John Malkovich. Anime de 2007, de Nippon Animation. Filme de 2012, adaptado do musical, con Hugh Jackman, Russell Crowe, Anne Hathaway e Amanda Seyfried. Miniserie de 2018 de Andrew Davies, con Dominic West, David Oyelowo e Lily Collins.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Les Misérables en CliffsNotes.com Les Misérables en Internet Movie Database French text of Les Misérables Crítica de Edwin Percy Whipple The Atlantic Monthly, xullo de 1862.
Categoría:Obras literarias de 1862 Categoría:Novelas en francés Categoría:Novela histórica Categoría:Literatura do Romanticismo