O Gran Premio do Brasil (en ) é unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula Un que se corre no Autódromo José Carlos Pace de Interlagos, un distrito na cidade de São Paulo, Brasil.

Historia O Gran Premio do Brasil celebrouse por primeira vez en Interlagos en 1972, aínda que non formou parte do Campionato Mundial de Fórmula Un. Ao ano seguinte, con todo, a carreira foi incluída por primeira vez no calendario oficial. En o Gran Premio do Brasil trasladouse en a Jacarepaguá no Río de Xaneiro, para volver a Interlagos nas seguintes dúas tempadas (-) de a Jacarepaguá convertese no único anfitrión, debido ás preocupacións pola seguridade do circuíto de Interlagos de 8 km. de lonxitude. En o Gran Premio volveu a un reducido circuíto de Interlagos, onde se mantivo desde entón. A carreira de 2004 foi a primeira vez desde a inclusión da carreira no calendario do Campionato de Fórmula Un que non era unha das tres primeiras carreiras da tempada. En , por primeira vez, o GP do Brasil decidiu o campionato do mundo, gañado por Fernando Alonso. O 2 de novembro de 2008, Felipe Massa converteuse no último gañador da casa do GP do Brasil, a súa vitoria na última carreira da tempada non foi suficiente para asegurar o campionato xa que perdeu con Lewis Hamilton por un só punto.

O circuíto de Interlagos viu algunhas das carreiras máis emocionantes e memorables na recente historia da Fórmula Un, e é considerado como un dos circuítos máis desafiantes e emocionantes do calendario. Xunto con Spa-Francorchamps, é raro porque o circuíto na súa forma moderna é un dos poucos cunha longa historia no deporte que se considera que non perderon gran parte da súa mística ou desafío na súa adaptación as modernas normas de seguridade.

Particularmente memorable, na recente historia dos Grandes Premios do Brasil, foi a carreira de , que viu a primeira vitoria nun Gran Premio, moi inesperada, e no medio de circunstancias caóticas e pouco comúns, do Jordan de Giancarlo Fisichella. A forte choiva antes e durante a carreira produciu problemas coa selección de pneumáticos que prexudicou a moitos equipos, o que permitiu ao débil equipo Minardi ter unha verdadeira oportunidade para a vitoria por única vez, porque era o único equipo preparado para as precipitacións, pero os seus pilotos pronto abandonaron. As condicións traizoeiras da pista causaron o abandono de varios pilotos, so remataron dez, incluíndo ao entón vixente campión do mundo Michael Schumacher, pondo fin a unha longa serie de carreiras sen abandonos que remóntase ao Gran Premio de Alemaña de 2001. No medio disto, varios pilotos, incluídos os de McLaren Kimi Raikkonen e David Coulthard, lideraron a carreira, e, cando un accidente do Renault de Fernando Alonso bloqueou o circuíto e sacaron a bandeira vermella, reinaba a confusión. Fisichella lideraba a carreira nese momento, logo de superar a Räikkönen, con todo, foi o finlandés, o que foi declarado gañador da carreira baixo a regra, que estipula que o resultado da carreira en tales circunstancias, tómase da orde de execución de dúas voltas antes da detención da carreira. Esta decisión foi revogada días despois na Corte de Apelación da FIA en París logo de que novas probas saíron á luz e demostraron que Fisichella cruzara a liña de meta na cabeza por segunda vez antes do accidente de Alonso, e polo tanto era o lexítimo gañador.

O Gran Premio de 2001 foi notable por marcar a chegada explosiva de Juan Pablo Montoya á escena da Fórmula Un. O piloto colombiano incriblemente adiantou a Michael Schumacher desde o principio e aguantouno con facilidade ata que un incidente co arrows de Jos Verstappen terminou a súa carreira. Montoya finalmente enterrou a pantasma desa carreira ao gañar a carreira de no seu último Gran Premio con Williams antes de pasar a McLaren. A carreira de tamén foi notable porque dous irmáns, Michael Schumacher e Ralf Schumacher, compartiron a primeira fila na grella de saída por primeira vez.

miniatura| right | 240px | Coche de seguridade no Gran Premio do Brasil de 2006

Fernando Alonso converteuse no máis novo Campión do Mundo de Fórmula Un no Gran Premio do Brasil 2005, co seu terceiro posto, por detrás do gañador Juan Pablo Montoya e o seu rival no campionato Kimi Räikkönen, suficiente para alzarse co título a falta de dúas carreiras.

En , o Gran Premio do Brasil, como en , trasladouse á prestixiosa posición de anfitrión da carreira final da tempada, na que foi a primeira despedida de Michael Schumacher da Fórmula Un, antes do seu regreso na tempada de Fórmula Un de .

En marzo de , o alcalde de São Paulo anunciou que asinara un novo acordo con Bernie Ecclestone para continuar coa celebración do Gran Premio do Brasil. Este acordo permite seguir coa carreira do Brasil ata o ano . Con isto, Interlagos está listo para grandes melloras nas súas instalacións de boxes e paddock.

Gañadores Gañadores múltiples (pilotos)

Os pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un Un fondo de cor rosa indica que un evento non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.

# Gañados Piloto Ano 6 Alain Prost 1982, 1984, 1985, 1987, 1988, 1990 4 Carlos Reutemann 1972, 1977, 1978, 1981 Michael Schumacher 1994, 1995, 2000, 2002 3 Sebastian Vettel 2010, 2013, 2017 Lewis Hamilton 2016, 2018, 2021 Max Verstappen 2019, 2023, 2024 2 Emerson Fittipaldi 1973, 1974 Nelson Piquet 1983, 1986 Nigel Mansell 1989, 1992 Ayrton Senna 1991, 1993 Mika Häkkinen 1998, 1999 Juan Pablo Montoya 2004, 2005 Felipe Massa 2006, 2008 Mark Webber 2009, 2011 Nico Rosberg 2014, 2015

Gañadores múltiples (construtores)

Os construtores en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un Un fondo de cor rosa indica que un evento non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.

Gañados Construtor Ano 12 McLaren 1974, 1984, 1985, 1987, 1988, 1991, 1993, 1998, 1999, 2001, 2005, 2012 11 Ferrari 1976, 1977, 1978, 1989, 1990, 2000, 2002, 2006, 2007, 2008, 2017 7 Red Bull 2009, 2010, 2011, 2013, 2019, 2023, 2024 6 Williams 1981, 1986, 1992, 1996, 1997, 2004 5 Mercedes 2014, 2015, 2016, 2018, 20213 Brabham 1972, 1975, 1983 2 Benetton 1994, 1995 Renault 1980, 1982

Por ano

Un fondo de cor rosa indica que un evento non forma parte do Campionato Mundial de Fórmula Un. Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Interlagos circuíto 4´3 km. Resultados Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT Resultados George Russell Mercedes Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Max Verstappen Red Bull-Honda Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Sebastian Vettel Ferrari Resultados Lewis Hamilton Mercedes Resultados Nico Rosberg Mercedes Resultados Nico Rosberg Mercedes Resultados Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados Jenson Button McLaren-Mercedes Resultados Mark Webber Red Bull-Renault Resultados Sebastian Vettel Red Bull-Renault Resultados Mark Webber Red Bull-Renault Resultados Felipe Massa Ferrari Resultados Kimi Räikkönen Ferrari Resultados Felipe Massa Ferrari Resultados Juan Pablo Montoya McLaren-Mercedes Resultados Juan Pablo Montoya Williams-BMW Resultados Giancarlo Fisichella Jordan-Ford Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados David Coulthard McLaren-Mercedes Resultados Michael Schumacher Ferrari Resultados Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados Mika Häkkinen McLaren-Mercedes Resultados Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados Damon Hill Williams-Renault Resultados Michael Schumacher Benetton-Renault Resultados Michael Schumacher Benetton-Ford Resultados Ayrton Senna McLaren-Ford Resultados Nigel Mansell Williams-Renault Resultados Ayrton Senna McLaren-Honda Resultados Alain Prost Ferrari Resultados Nigel Mansell FerrariJacarepaguá Resultados Alain Prost McLaren-Honda Resultados Alain Prost McLaren-TAG Resultados ] Nelson Piquet Williams-Honda Resultados Alain Prost McLaren-TAG Resultados Alain Prost McLaren-TAG Resultados Nelson Piquet Brabham-BMW Resultados Alain Prost Renault Resultados Carlos Reutemann Williams-Ford Resultados René Arnoux RenaultInterlagos circuíto 8 km. Resultados Jacques Laffite Ligier-Ford Resultados Carlos Reutemann Ferrari Jacarepaguá Resultados Carlos Reutemann FerrariInterlagos circuíto 8 km. Resultados Niki Lauda Ferrari Resultados Carlos Pace Brabham-Ford Resulados Emerson Fittipaldi McLaren-Ford Resultados Emerson Fittipaldi Lotus-Ford Resultados Carlos Reutemann Brabham-Ford Interlagos circuíto 8 km. Resultados

Patrocinadores Grande Prêmio Marlboro do Brasil 1999-2004 Grande Prêmio Petrobras do Brasil 2009-2015

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial da Fórmula 1 Sitio oficial do Gran Premio do Brasil Historia e estatística do Autódromo José Carlos Pace Satellite picture of Autódromo José Carlos Pace by Google Maps Satellite picture of Autódromo Internacional Nelson Piquet by Google Maps

Brasil