Richard Bertram Whitehead, nado o 6 de novembro de 1879 en Liverpool e finado o 4 de marzo de 1967 en Cambridge, foi un numismático inglés e unha autoridade en numismática da India.Bivar, A. D. H. (1967). Páxina 279.
Foi un dos fundadores da Sociedade Numismática da India e posteriormente o primeiro dos seus membros honoríficos."History". Sitio web da NSI.
Traxectoria Whitehead naceu en Liverpool en 1879, fillo máis vello do reverendo Robert Whitehead, e estudou o ensino primario e secundario no Liverpool College, vinculado á Igrexa de Inglaterra. Posteriormente fixo estudos de Matemáticas no Exeter College, da Universidade de Oxford, onde se graduou en 1901.
En 1902 foi elixido para realizar o Servizo Civil Indio, a función pública máis alta do Imperio Británico na India colonial, en 1903 fíxose cargo do seu posto no Panxab, concretamente en asuntos de Facenda pública. Alí comezou a ter coñecemento dos importantes achados monetarios que se estaban a suceder na zona do Panxab, de grande interese histórico. O seu interese por estes asuntos levouno a ser nomeado, en 1907, avaliador oficial dos tesouros do Goberno de Panxab.Bivar, A. D. H. (1967). Páxina 280.
Coa finalidade de reunir e pór en común resultados de investigacións que se achaban dispersos, Whitehead e outras seis persoas xuntáronse en 1910 en Allahabad, e aquela reunión foi o xermolo da Sociedade Numismática da India (NSI), fundada nese mesmo ano. Whitehead foi elixido secretario honorífico e tesoureiro da Sociedade.
Logo da súa xubilación no Panxab en 1922, regresou a Inglaterra e instalouse en Cambridge, onde seis anos despois casou con Margaret Elizabeth, viúva de James Hector Barnes (tamén membro do Servizo Civil Indio) e filla do coronel F. T. Ebden, do exército do Raj Británico. Alí foi elixido membro do St John's College, da Universidade de Cambridge, e durante varios anos exerceu como asesor dos estudantes da India nesa institución académica.Bivar, A. D. H. (1967). Páxina 281.
Whitehead foi tamén un membro moi activo da Royal Numismatic Society, de Londres, en cuxo comité de dirección ocupou os postos de secretario de asuntos exteriores e de vicepresidente. Así mesmo, presidiu a sección oriental do Congreso Internacional de Numismática celebrado en Londres en 1936.Bivar, A. D. H. (1967). Páxina 282.
As moedas da colección particular de Whitehead consérvanse no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, logo de seren adquiridas en 1922."R B Whitehead". The British Museum.Allan, J. (1934). Guide to the department of coins and medals. British Museum, Londres. Os seus traballos, cartas e outra documentación atópanse no Museo Fitzwilliam, da Universidade de Cambridge."The Papers of Dr R. B. Whitehead (1879-1967)". The Fitzwilliam Museum.
Recoñecementos Whitehead foi elixido membro correspondente da American Numismatic Society en 1921, membro honorífico do Consello Internacional de Numismática en 1953 e vicepresidente honorífico da Royal Numismatic Society nese mesmo ano. En 1966 foi nomeado como o primeiro membro honorífico da Sociedade Numismática da India.
Premios (1922): Medalla especial da Sociedade Numismática da India. (1934): Medalla de bronce da Sociedade Numismática da India. (1940): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1947): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York. "Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1962): Medalla de ouro Campbell Memorial, da Sociedade Asiática de Bombay.
Publicacións miniatura|Whitehead, R. B. (1922). The pre-Mohammedan coinage of Northwestern India. ANS, Nova York
Whitehead publicou numerosos artigos, fundamentalmente en Journal of the Asiatic Society of Bengal (JASB), en Journal of the Numismatic Society of India (JNSI), en Journal of the Panjab Historical Society (JPHS), en Journal of the Royal Asiatic Society (JRAS), en Numismatic Chronicle (NC) e en Numismatic Supplement to the Journal of the Asiatic Society of Bengal (NS), así como algúns traballos de carácter monográfico:"Whitehead, R. B. (Richard Bertram)". WorldCat Identities."Whitehead, Richard Bertram 1879-1967 ". Digital Library Numis.
Escolma de monografías (1910): Catalogue of the Collection of Coins illustrative of the History of the Rulers of Delhi up to 1858 AD in the Delhi Museum of Archaeology. Baptist Mission Press, Calcuta. (1910). Report on the Administration of the Delhi Crown Lands. Lahore. (1914-1934). Catalogue of Coins in the Punjab Museum, Lahore. Oxford University Press. (1914). Vol. I: Indo-Greek Coins. (1914). Vol II: Coins of the Mughal Emperors . (1934). Vol III: Coins of Nadir Shah and the Durrani Dynasty. (1921). Final report of the second revised settelement of the Ambal district, 1915-20. Government Punjab, Lahore. (1922). The Pre-Mohammedan Coinage of Northwestern India. American Numismatic Association, Nova York.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bivar, A. D. H. (1967). "Richard Bertram Whitehead". En Numismatic Chronicle. 7ª serie. Nº 7. Páxinas 279-286.
Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Personalidades sen imaxes