miniatura|Gravación dunha falante de media lengua en Pijal, Imbabura, Ecuador. Media lengua ou chaupi-shimi (tamén chamado quichuañol) é unha lingua mixta entre o castelán e o kichwa. En termos de vocabulario, case tódolos lexemas (arredor do 89%),Stewart, Jesse (2011). A Brief Descriptive Grammar of Pijal Media Lengua and an Acoustic Vowel Space Analysis of Pijal Media Lengua and Imbabura Quichua.. (tese)Muysken, Pieter (1997). "Media Lengua", in Thomason, Sarah G. Contact languages: a wider perspective Amsterdam: John Benjamins (pp. 365-426) incluíndo o vocabulario principal, teñen orixe castelá adaptada á fonotáctica kiwcha. Media lengua é un dos poucos exemplos coñecidos dunha "lingua mixta bilingüe" pola súa división entre as raíces e os sufixos.Backus Ad. 2003. Can a mixed language be conventionalised alternational codeswitching? in Matras & Bakker (eds.) The Mixed Language Debate: theoretical and empirical advances Mouton de Gruyter Berlin: 237-/270.McConvell, Patrick, and Felicity Meakins. 2005. Gurindji Kriol: A Mixed Language Emerges from Code-switching. Quatro Fonologias Quechuas, 25(1), 9-30. Unha división tan extrema e sistemática é moi pouco frecuente e media lengua non é descrita polo xeral como unha variedade do kichwa ou do castelán. Arends et al., clasifica dúas linguas baixo o nome media lengua: Media lengua de Salcedo e Media lengua de Saraguro.Arends, Muysken, & Smith (1995), Pidgins and Creoles: An Introduction A variedade setentrional de media lengua, na provincia de Imbabura, é descrita como media lengua de ImbaburaGómez-Rendón, J. A. (2008). Mestizaje lingüístico en los Andes: génesis y estructura de una lengua mixta (1era. ed.). Quito, Ecuador: Abya-Yala.Gómez-Rendón, J. (2005). La Media Lengua de Imbabura. Encuentros conflictos bilingüismo contacto de lenguas en el mundo andino (pp. 39-58). Madrid: Iberoamericana. e máis especificamente, as variedades dialectais da provincia son coñecidas como media lengua pijal e angla.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lingua kichwa

Categoría:Linguas de Ecuador Categoría:Linguas crioulas e pidgins de base castelá Categoría:Linguas quechuas