Richard Weedt Widmark, nado en Sunrise, Minnesota, o 26 de decembro de 1914 e finado en Roxbury, Connecticut, o 24 de marzo de 2008Richard Widmark, actor, un clásico de Hollywood, foi un actor estadounidense. Iniciado no teatro e na radio, pasou ao cinema en 1947, destacando pola súa versatilidade, interpretando papeis en filmes de cinema negro, do oeste ou de aventuras.

Traxectoria Richard Widmark creceu na localidade de Princeton, Illinois. Por mor da profesión do seu pai, representante comercial, o mozo Richard residiu en diferentes poboacións durante a súa infancia e adolescencia. Finalmente, acudiu ao Lake Forest College, onde estudou interpretación. Debutou na radio, en 1938, no serial Aunt Jenny's Real Life Stories. Comezou a traballar en Broadway, en 1943, coa obra Kiss and Tell. Foi declarado incapacitado durante a segunda guerra mundial, debido a unha perforación do tímpano.

A súa magnífica interpretación nesa obra de teatro foi moi apreciada polo director Henry Hathaway, quen contou con el para facelo debutar no cinema con Kiss of Death, en 1947. Widmark facía o papel do gánster asasino Tommy Udo. A escena que pasou á historia deste filme é na que Udo empurra unha anciá (interpretada por Mildred Dunnock) nunha cadeira de rodas escaleiras abaixo. O filme foi un éxito rotundo e Widmark converteuse nunha estrela. Deste xeito, o actor conseguiu un contrato de sete anos coa 20th Century Fox. Ademais, gañou o premio ao mellor actor revelación dos Globos de Ouro, e foi candidato ao Óscar ao mellor actor secundario.

Richard Widmark foi un actor de culto que interpretou solidamente personaxes duras, estruturadas e monolíticas, mais que nalgún momento deixan entrever un tenue transfondo de humanidade.

Durante a década dos 40 e dos 50, Widmark interveu en moitas producións. Entre os seus mellores títulos, destacan Night and the City (1950), de Jules Dassin; No Way Out (1950), de Joseph L. Mankiewicz; Panic in the Streets (1951), de Elia Kazan; Broken Lance (1954), de Edward Dmytryk; The Cobweb (1955), de Vincente Minnelli; The Last Wagon (1956), de Delmer Daves e The Law and Jake Wade (1958), de John Sturges.

Na década dos 60 protagonizou algúns dos seus títulos máis coñecidos, como O Álamo (1960), de John Wayne; Judgment at Nuremberg (1961), de Stanley Kramer; Two Rode Together (1961), de John Ford ou Brigada homicida (1968), filme dirixido por Don Siegel. Precisamente a personaxe deste último filme, o detective Madigan, tamén triunfou na televisión durante os anos 70. Un dos seus filmes máis destacados foi The Bedford Incident (1965) onde protagonizou xunto a Sidney Poitier un filme bélico de intensa tensión emocional.

Widmark estivo casado coa escritora Jean Hazlewood dende 1942 até a morte dela, ocorrida o 2 de marzo de 1997. En setembro de 1999, Widmark casou con Susan Blanchard. Widmark vivía dende entón retirado das pantallas, en Roxbury, Connecticut.

O actor faleceu o 24 de marzo de 2008 aos 93 anos no seu fogar de Roxbury despois que a rotura dunha vértebra meses atrás causase un empeoramento do seu estado de saúde tras unha longa doenza.

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1947 Kiss of Death Tommy Udo 1948 The Street with No Name Alec Stiles 1948 Road House Jefferson T. "Jefty" Robbins 1948 Yellow Sky Dude 1949 Down to the Sea in Ships First Mate Dan Lunceford 1949 Slattery's Hurricane Tte. Willard Francis Slattery 1950 Night and the City Harry Fabian 1950 Panic in the Streets Tte. Cmdr. Clinton "Clint" Reed M.D. 1950 No Way Out Ray Biddle Coprotagonizado por Sidney Poitier 1951 Halls of Montezuma Tte. Anderson 1951 The Frogmen Tte. Cmdr. John Lawrence 1952 Red Skies of Montana Cliff Mason 1952 Don't Bother to Knock Jed Towers 1952 O. Henry's Full House Johnny Kernan Episodio: "The Clarion Call" 1952 My Pal Gus Dave Jennings 1953 Destination Gobi CPO Samuel T. McHale 1953 Pickup on South Street Skip McCoy 1953 Take the High Ground! Sgt. Thorne Ryan 1954 Hell and High Water Capt. Adam Jones 1954 Garden of Evil Fiske 1954 Broken Lance Ben Devereaux 1955 A Prize of Gold Sergeant Joe Lawrence 1955 The Cobweb Dr. Stewart "Mac" McIver 1956 O sexto fuxitivo Jim Slater 1956 Run for the Sun Michael "Mike" Latimer 1956 The Last Wagon Comanche Todd 1957 Saint Joan The Dauphin, Charles VII 1957 Time Limit Col. William Edwards Produtor 1958 The Law and Jake Wade Clint Hollister 1958 The Tunnel of Love August "Augie" Poole 1959 The Trap Ralph Anderson 1959 Warlock Johnny Gannon 1960 O Álamo Colonel Jim Bowie 1961 The Secret Ways Michael Reynolds Produtor; director sen acreditar 1961 Two Rode Together Primeiro Tte. Jim Gary 1961 Judgment at Nuremberg Col. Tad Lawson 1962 A conquista do Oeste Mike King 1964 The Long Ships Rolfe Segundo filme con Sidney Poitier 1964 Flight from Ashiya L:t. Col. Glenn Stevenson 1964 O gran combate Capt. Thomas Archer 1965 The Bedford Incident Captain Eric Finlander U.S.N. Produtor; terceiro filme con Sidney Poitier 1966 Álvarez Kelly Col. Tom Rossiter 1967 The Way West Lije Evans 1968 Brigada homicida Det. Daniel Madigan 1969 Death of a Gunfighter Marshal Frank Patch 1969 A Talent for Loving Major Patten 1970 The Moonshine War Dr. Emmett Taulbee 1972 When the Legends Die Red Dillon 1974 Asasinato no Orient Express Lenfranco Cassetti 1976 To the Devil a Daughter John Verney 1976 The Sell Out Sam Lucas 1977 Twilight's Last Gleaming Gen. Martin MacKenzie – Commanding General SA 1977 The Domino Principle Tagge 1977 Rollercoaster Agent Hoyt 1978 Coma Dr. Harris 1978 The Swarm Gen. Slater 1979 Bear Island Otto Gerran 1982 National Lampoon Goes to the Movies Stan Nagurski "Municipalians" 1982 Hanky Panky Ransom Dirixido por Sidney Poitier 1982 Who Dares Wins Secretary of State Arthur Currie 1984 Against All Odds Ben Caxton 1991 True Colors Sen. James Stiles

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Literature on Richard Widmark The Daily Telegraph, 27 de marzo de 2008 The Times, 27 de marzo de 2008 The Independent, 27 de marzo de 2008 The Guardian, 27 de marzo de 2008

Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Actores de Minnesota Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia sueca