Franco Emanuel Platero Figueroa, nado en San Juan o 22 de xullo de 1992, é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga de defensa-medio no Liceo da OK Liga.
É irmán de Matías Platero, xogador do Sporting de Portugal e curmán de Mario Rodríguez, do CP Grosseto.
Traxectoria Tras deixar a súa Arxentina natal recalou en Italia, onde debutou co Amatori Lodi na liga italiana na tempada 2013/14. Tras gañar a Copa de Italia na tempada 2015/16, a Supercopa e a liga na tempada seguinte, fichou polo Hockey Breganze para a tempada 2017/18. Xogou unha soa tempada no club do Véneto, xogando as semifinais da Copa CERS, onde o equipo caeu eliminado fronte ao Lleida de Bruno e Roberto Di Benedetto. En 2018 fichou polo Forte dei Marmi, co que conquistou unha nova liga italiana.
Ao ano seguinte instalouse en Galicia para xogar no Deportivo Liceo. Co equipo de Juan Copa acabou subcampión da OK Liga nas tempadas 2019/20 e 2020/21, nos dous casos por detrás do FC Barcelona, e conquistou a Copa do Rei de 2021, despois de derrotar ao equipo catalán na final. Uns días despois da final da Copa anunciouse a súa marcha do equipo coruñés para fichar polo Oliveirense portugués.
Militou cinco anos no club de Oliveira de Azeméis, co que gañou unha Copa Continental e foi finalista da Liga de Campións. En 2026 regresou ao Liceo coruñés.
Palmarés Amatori Lodi Liga italiana (1): 2016/17. Copa de Italia (1): 2015/16. Supercopa de Italia (1): 2016.
Forte dei Marmi Liga italiana (1): 2018/19.
Liceo Copa do Rei (1): 2021.
Oliveirense Copa Continental (1): 2024.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador en ceroacero.es
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na provincia de San Juan Categoría:Xogadores de hóckey a patíns da Arxentina Categoría:Xogadores do H.C. Liceo