Pet Sematary é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Kevin Kölsch e Dennis Widmyer e escrito por Jeff Buhler, a partir dunha historia na pantalla de Matt Greenberg. É a segunda adaptación da novela homónima de 1983 escrita por Stephen King, despois do filme de 1989. Está protagonizado por Jason Clarke, Amy Seimetz e John Lithgow, e conta a historia dunha familia que descobre un misterioso cemiterio no bosque detrás da súa nova casa.
Pet Sematary estreouse no festival South by Southwest o 16 de febreiro de 2019, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 5 de abril de 2019 a través de Paramount Pictures. O filme recadou 113 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu valoracións diversas por parte da crítica, que eloxiou o ton escuro, a atmosfera e as interpretacións, mais que non gostou do ritmo lento e nos jump scares. Tanto a crítica como a audiencia estiveron divididas polos cambios entre o filme e o libro, aínda que polo xeral está considerada como unha adaptación mellor cá de 1989.
Personaxes Jason Clarke como Dr. Louis Creed Amy Seimetz como Rachel Creed (née Goldman) Sonia Maria Chirila como Rachel de nena John Lithgow como Jud Crandall Jeté Laurence como Ellie Creed Hugo and Lucas Lavoie como Gage Creed Obssa Ahmed como Victor Pascow Alyssa Brooke Levine como Zelda Goldman Suzy Stingl como Norma Crandall Maria Herrera como Marcela Jacob Lemieux como "Mouse Face" Maverick Fortin como "Dog Face" Lou Ferrando como "Rabbit Face" Najya Muipatayi como "Cat Face" Emma Hill como "Horse Face" Leo, Tonic, Jager e JD como Church o gato
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes ambientados en Maine Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais