Lennart Rune Fridgott Ekre, nado o 13 de febreiro de 1924 en Habo, provincia de Jönköping, e finado o 21 de setembro de 2013 en Stenungsund, provincia de Västra Götaland, foi un arqueólogo, numismático, director de museo, pintor e debuxante sueco."Rune Ekre". Konstnärslexikonett Amanda.Holmén, B.; Lagerqvist, L. O. (2014).

O seu papel nas súas escavacións na cidade medieval de Lödöse fixérono merecedor do doutoramento honorífico pola Facultade de Humanidades da Universidade de Gotemburgo en 1989."Hedersdoktorer vid Humanistiska fakulteten". Göteborgs Universitet.

Traxectoria Logo de culminar a súa educación secundaria en 1943 e de realizar o servizo militar en Sollefteå, en 1944 comezou a súa formación superior en Historia da Arte, Literatura e Linguas Nórdicas na Universidade de Gotemburgo, onde se graduou en 1951.

A súa primeira actividade profesional foi como profesor en escolas dos municipios de Lilla Edet (1953-1961) e de Tjörn (1961-1968).

Por mor da reurbanización da contorna da cidade medieval de Lödöse, no municipio actual de Lilla Edet (provincia de Västra Götaland), a partir de 1951 fíxose necesaria unha serie de escavacións arqueolóxicas, que se realizaron baixo os auspicios da Xunta Nacional de Patrimonio (Riksantikvarieämbetet). Ao tempo que realizaba a súa especialización en Arqueoloxía Medieval na Universidade de Lund, na que se graduou en 1962, Ekre participou como axudante nesas escavacións, ata que en 1968 comezou a dirixilas, con dedicación a tempo completo.

Cando as actividades arqueolóxicas de Lödöse se vincularon en 1979 ao Museo Provincial de Älvsborg (antiga provincia hoxe integrada en Västra Götaland), Ekre pasou a ocupar o posto de primeiro anticuario do museo, e ampliou o seu ámbito de responsabilidade sobre as escavacións en toda a contorna da cidade medieval.

Xa desde 1965, Ekre dirixía tamén o Museo da cidade de Lödöse, onde organizou diversas exposicións de carácter temporal. Nos derradeiros anos antes da súa xubilación en 1989, tamén traballou no deseño do novo edificio do museo, que se completou en 1994.Trägårdh, I. M.; Jeffery, S. (2013). "En man och hans livsverk". En Västgötabygden, 68. Nº 6. Páxina 14.

A partir da descuberta en 1963 dunha ceca medieval, no transcurso das escavacións, Ekre comezou a prestarlle unha atención especial nas súas investigacións á moeda e a circulación monetaria en Suecia durante a Idade Media.

Rune Ekre foi membro da Sociedade Numismática Sueca desde 1966.

Na súa faceta como artista, na súa xuventude Ekre estudara debuxo con Tore Ahnoff, director da academia de arte Valand, en Gotemburgo, e destacou como debuxante e como pintor ao óleo (principalmente paisaxes, retratos e motivos sagrados). Tamén foi deseñador de obras de ferro forxado, algunhas das cales se instalaron no centro da cidade. En 2014 celebrouse unha exposición da súa produción artística no Museo de Lödöse."Rune Ekre och hans konstnärskap - en minnesutställning på Lödöse museum". Mynewsdesk.com

Recoñecementos (1986): Medalla ao Mérito da Asociación de Antigüidades de Vestrogotia (Västergötlands Fornminnesförening). (1989): Doutor honorífico pola Pacultade de Humanidades da Universidade de Gotemburgo. (1999): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen)."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen. (2001): Medalla Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia."Gunnar Holsts pris år 2001". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Outubro de 2001. Páxina 150.

Escolma de publicacións (1966). Lödöse museum: en kort historik över medeltidsstaden Lödöse och en vägledning för besökare i museet. Lödöse Museum (1968). Ny bild av medeltidens Lödöse. Goteburgo. (1972). Myntningsfynd från Lödöse. Goteburgo. (1977). Ljungs kyrkor: historik och beskrivning. Ljungs församl, Ljungskile. (1980): Gamla Lödöse (con K. Carlsson). Riksantikvarieämbetet och Statens historiska museer, Estocolmo. ISBN 9789171924483 (1986). Pilgrim och vallfartsled: Om medeltida vallfärder från och genom Lödöse. Älvsborgs Länsmuseum, Vänersborg. (1994). Lödösefynd : ting från en medeltidsstad (con C. Hylander e R. Sundberg). Stödföreningen för Lödöse Museum. ISBN 9789163024535

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Holmén, B.; Lagerqvist, L. O. (2014). "Rune Ekre 1924-2013". En Svensk numismatisk tidskrift. 1. Páxina 10.

Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados no condado de Jönköping Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Arqueólogos de Suecia Categoría:Pintores de Suecia Categoría:Debuxantes Categoría:Alumnos da Universidade de Lund Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Directores de museos Categoría:Personalidades sen imaxes