Ruth Prawer Jhabvala, nada en Colonia o 7 de maio de 1927 e finada en Nova York o 3 de abril de 2013, foi unha escritora e guionista británica-alemáRuth Prawer Jhabvala dies at 85; Oscar-winning screenwriter e estadounidense. É talvez máis coñecida pola súa longa colaboración coa Merchant Ivory Productions, formada polo cineasta James Ivory e o produtor Ismail Merchant.

Moitas das súas novelas están ambientados na India, como Heat and Dust, premiada co Booker Prize en 1975. É a única persoa que gañou tanto este premio como un Óscar.

Traxectoria Jhabvala naceu en Alemaña oriúnda dunha familia de xudeus polacos e emigrou a Inglaterra coa súa familia en 1939.

Tras coñecer o arquitecto Cyrus Jhabvala in England, casou con el e foi marchou para a India en 1951.Journal of the Indian Institute of Architects vol. 29 and 30, ed. S. Kumar, 1963, p. 41 A parella viviu en Delhi e tivo tres fillas, Ava, Firoza e Renana. Jhabvala comezou entón a elaborar as súas experiencias na India e escribiu novelas e contos sobre temas indios.

En 1963, Jhabvala recibiu a encarga de James Ivory e Ismail Merchant para que escribise o guión para o seu primeiro filme, The Householder, baseado na súa novela de 1960. Máis adiante, Merchant dixo que durante o seu primeiro encontro, Jhabvala, tratando de evitalos, finxiu ser a asistenta da casa cando a visitaron. O filme, estreado por Merchant Ivory Productions en 1963 e protagonizado por Shashi Kapoor e Leela Naidu, recibiu eloxios da crítica e marcou o comezo dunha colaboración que deu lugar a máis de vinte filmes.

En 1975 Jhabvala mudouse a Nova York e dividiu o seu tempo entre a India e os Estados Unidos. En 1986 converteuse en cidadá estadounidense.

Obras To Whom She Will: a Novel (1955). The Nature of Passion (1956). Esmond in India (1958) The Householder (1960) Get Ready for Battle (1962) Like Birds, Like Fishes (1963) A Backward Place (1965) A Stronger Climate (1968) An Experience of India (1971) A New Dominion (1972) Heat and Dust (1975) How I Became a Holy Mother and other stories (1976) In Search of Love and Beauty (1983) Out of India (1986) Three Continents (1987) Poet and Dancer (1993) Shards of Memory (1995) East Into Upper East: Plain Tales from New York and New Delhi (1998) My Nine Lives (2004) A Lovesong for India: Tales from East and West (2011)

Premios 1975: Booker Prize – Heat and Dust 1979: Neil Gunn Prize 1983: BAFTA ao mellor guión adaptado por Heat and Dust 1984: MacArthur Fellowship 1984: London Critics Circle Film Awards – guionista do ano por Heat and Dust 1986: Óscar ao mellor guión adaptado por Unha habitación con vistas 1990: New York Film Critics Circle - mellor guión por Mr. and Mrs. Bridge 1992: Óscar ao mellor guión adaptado por Howards End 2003: O. Henry Prize por "Refuge in London"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en Colonia Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Orde do Imperio Británico Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Guionistas do Reino Unido Categoría:Británicos de ascendencia xudía