O Rally Illas Canarias foi unha proba de rally que se celebrou de 1973 a 1992 nas illas de Gran Canaria e Tenerife. Chamado inicialmente Rally Illas Canarias, celebrouse como Rally Ciudad de Santa Cruz de 1979 a 1985 e en 1986 recuperou o nome orixinal ata 1992, o seu último ano. Foi puntuable para o Campionato de España de Rallys na maioría das súas edicións.

Historia

Primeira época A comezos dos anos 70 as competicións de motor en Canarias estaban paralizadas debido a un accidente ocorrido a finais dos anos sesenta nunha carreira de resistencia disputada nun circuíto. En 1972, a Escudería Drago xunto coa federación local decidiron realizar unha proba de rally co fin de que puntuase para o Campionato de España. Na súa primeira edición disputouse en dúas etapas, unha en Gran Canaria e outra en Tenerife. A lista de inscritos foi curta, de só 26 equipos, todos eles canarios. A orde de saída realizouse por sorteo e o formato contaba con saída o domingo 22 de xullo cun itinerario de 453 km que percorría o suroeste da Illa. Só quince coches remataron esa primeira etapa para afrontar a segunda cun trazado de 802 km e 13 tramos cronometrados, algúns deles en terra. O gañador da primeira edición do rally foi o equipo composto por José Manuel Ucha e Jesús Segura a bordo dun Fiat 128 Rally. O ano seguinte as federacións de Tenerife e As Palmas organizaron a segunda edición, esta vez comezando en Tenerife e rematando en Gran Canaria. O gañador desa edición foi o piloto de SEAT, Antonio Zanini a bordo dun SEAT 1430-1800 acompañado no podio polo seu compañeiro de equipo Salvador Cañellas. Esa sería a última edición na que ambas federacións traballaron xuntas xa que en anos posteriores alternáronse na organización da proba. En 1975 o itinerario tiña 11 tramos cronometrados sobre un total de 411 km dos cales 204 estaban eran sobre terra. A lista de inscricións mellorou significativamente e apareceron na illa cincuenta equipos. A proba foi igual de dura que en anos anteriores e só once pilotos cruzaron a liña de meta, sendo o gañador Manuel de Aguilar cun Toyota Celica . A cuarta edición, celebrada en 1976, presentou unha lista de inscritos máis pobre e só tres pilotos de renome: Fernando Lezama, Eugenio Ortiz e Ricardo Muñoz. A proba perdeu protagonismo fronte ao Rally Maspalomas, que o superaba con creces en canto a premios en metálico. De 42 equipos, só trece remataron a carreira, sendo o gañador Miguel Ángel Domínguez, coa peculiaridade de que os tres pilotos do podio pilotaban tres Mitsubishi Lancer 1600 GSR procedentes do Campionato do Mundo. O Rally Costa de Marfil, que ese ano estaba no calendario mundial, foi suspendido e os Lancer destinados a competir en dita proba desembarcaron no porto das Palmas e posteriormente foron adquiridos polos pilotos locais.

En 1977 a proba non se celebrou debido ao mal entendemento entre as federacións, polo que os organizadores do Rally Maspalomas, para non perder unha proba do campionato nacional, organizaron unha edición baixo o nome de IV Rallye Maspalomas - V Rallye Islas Canarias.

Segunda época En 1979 a proba recuperouse pero baixo o nome de Rally Ciudad de Santa Cruz. Tres anos despois, volveu acadar puntuación para o Campionato de España con coeficiente 3. Celebráronse sete edicións con este nome e os gañadores deses anos foron, entre outros, Carlos Alonso-Lamberti (1981), Medardo Pérez (1982), José Luis Rivero (1983) e Carlos Sainz (1985). En 1986, a Escudería Anaga rexistrou o nome de Rally Illas Canarias, o que marcou o comezo da segunda etapa do evento, recuperando tanto o nome como as edicións. O gañador desa primeira edición (1986) foi Antonio Zanini a bordo dun Ford RS 200 co que sumou a súa segunda vitoria na proba. En 1987 Carlos Sainz venceu de novo, aos mandos do Ford Sierra RS Cosworth. Máis tarde, Salvador Serviá gañou en 1988 e Jesús Puras en 1990 ambos con Lancia Delta Integrale, Luis Monzón en 1991 cun Ford Sierra RS Cosworth 4x4 e Ricardo Avero co Mitsubishi Galant VR4 en 1992. Ese foi o último ano da proba, aínda que anos despois o Rally El Corte Inglés, que tamén se celebrba nas illas e puntuaba para o Campionato de España, recuperou o nome de Rally Illas Canarias.

Palmarés AnoEdiciónPilotoCopilotoVehículoCto19731º Rally Islas Canarias José Manuel Ucha Jesús Segura GilFiat 128 RallyEspaña19742º Rally Islas Canarias Antonio Zanini Eduardo Martínez AdamSeat 1430-1800España19753º Rally Islas Canarias Manuel de Aguilar Juan Manuel SarmientoToyota Celica GTEspaña19764º Rally Islas Canarias Miguel Ángel Domínguez Juan J. BlancoMitsubishi Colt Lancer 1600 GSREspaña19775º Rally Islas Canarias Ángel Dávila José OrtegaBMW 2002 Ti AlpinaEspaña19791º Rally Ciudad de Santa Cruz Juan Manuel Gimeno Miguel MascareñoLancia Beta 2000 Coupé19802º Rally Ciudad de Santa Cruz Medardo Pérez Juan José Alonso PrietoBMW 32019813º Rally Ciudad de Santa Cruz Carlos Alonso-Lamberti Víctor RodríguezOpel Ascona 2.019824º Rally Ciudad de Santa Cruz Medardo Pérez MedinaBMW 323iEspaña19835º Rally Ciudad de Santa Cruz José Luis Rivero Juan CruzBMW 323i19846º Rally Ciudad de Santa Cruz Carlos Alonso-Lamberti José SarmientoOpel Ascona 400Copa19857º Rally Ciudad de Santa Cruz Carlos Sainz Antonio BotoRenault 5 Maxi TurboEspaña19865º Rally Islas Canarias Antonio Zanini Josep AutetFord RS 200España19876º Rally Islas Canarias Carlos Sainz Antonio BotoFord Sierra RS CosworthEspaña19887º Rally Islas Canarias Salvador Serviá Jordi SabaterLancia Delta IntegraleEspaña19908º Rally Islas Canarias Jesús Puras José ArrarteLancia Delta IntegraleEspaña19919º Rally Islas Canarias Luis Monzón Jose M. RodríguezFord Sierra RS CosworthEspaña199210º Rally Islas Canarias Ricardo Avero Nazer GhuneimMitsubishi Galant VR4España

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rally Illas Canarias Ligazóns externas

Rally Illas Canarias en ewrc-results.com .

Categoría:Probas de rally do Campionato de España