miniatura|dereita|Adolf Hitler saúda ó primeiro ministro británico Neville Chamberlain nas escaleiras do Berghof, o 15 de setembro de 1938 O Pacto de Múnic (en alemán Münchner Abkommen, en checo Mnichovská dohoda) levouse a cabo en dita cidade de Baviera (Alemaña), en 1938, para resolver a crise dos Sudetes. Nel estableceuse a incorporación deste territorio de Checoslovaquia ó estado alemán.

Os asinantes foron: Adolf Hitler (Alemaña), Edouard Daladier (Francia), Benito Mussolini (Italia) e Neville Chamberlain (Reino Unido). É por iso que o entón presidente checoslovaco, Edvard Beneš proclamou: "Decidiron sobre nós, sen nós".

Este tipo de política é xeralmente chamada como "appeasement" ou acougo. A consecuencia foi que Hitler logrou desestabilizar a defensa de Checoslovaquia (que tiña un sistema defensivo militar moi ben preparado) e abriu o camiño para a ocupación de Checoslovaquia poucos meses despois. Checoslovaquia era o segundo produtor de armamentos do mundo e involuntariamente asistiu a Alemaña durante a segunda guerra mundial.

Véxase tamén Bibliografía Cole, Robert A. "Appeasing Hitler: The Munich Crisis of 1938: A Teaching and Learning Resource," New England Journal of History (2010) 66#2 pp 1–30.

Outros artigos Cronoloxía da segunda guerra mundial Historia da República Checa

Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Historia de Checoslovaquia Categoría:Segunda guerra mundial Categoría:1938