María Delgado Nadal, nada en Zaragoza o 8 de outubro de 1997, é unha deportista española que compite en natación adaptada. Participa nas probas de bolboreta, libres e costas.
Traxectoria Aos 10 anos comezou a facer atletismo e natación, chegando a competir a nivel nacional en ámbolos dous deportes. Comezou nadando na Asociación Deportiva Aragua. Posteriormente competiu para o equipo do colexio Corazonistas de Zaragoza. No presente forma parte do equipo de natación do Stadium Casablanca, competindo en campionatos nacionais para nadadores sen discapacidade, adestrando no Centro de Alto Rendemento Deportivo situado en Madrid, grazas a unha bolsa do plan ADOP para deportistas de alto nivel discapacitados.
En outubro de 2016 concédeuselle a medalla da Real Orde do Mérito Deportivo. Asemade, en febreiro de 2017 concédeuselle o diploma ao Mérito Deportivo da cidade de Zaragoza.
Palmarés internacional Gañou dúas medallas de bronce nos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro 2016. Ademais, obtivo catro medallas no Campionato Mundial de Natación Adaptada nos anos 2015 e 2019, e seis medallas no Campionato Europeo de Natación Adaptada nos anos 2014 e 2018.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por España