Gladys del Estal Ferreño, nada en Caracas en 1956 e finada en Tudela o 3 de xuño de 1979, foi unha programadora informática e activista medioambiental española.

Traxectoria

Filla de pais refuxiados republicanos españois, faleceu nunha protesta antinuclear. A protesta realizábase en Tudela, no conxunto de protestas antinucleares da época contra o establecemento de tres centrais nucleares na costa vasca (entre elas, a central nuclear de Lemoiz) e outra en Navarra. Morreu a causa dun disparo no pescozo da arma do garda civil José Martínez Salas.

Notas

Categoría:Activistas de Venezuela Categoría:Nados en 1956 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en Caracas Categoría:Finados por arma de fogo Categoría:Asasinatos en España