miniatura|Busto de Agustín Díaz Sánchez na praza de San Cristovo das Viñas. Agustín Díaz Sánchez, nado na Coruña en 1911 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1986,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-8-1986, p. 59. foi un mestre galego.
Traxectoria O seu primeiro emprego foi nas Escolas Populares Gratuítas da Cidade Vella. Foi na escola pública da parroquia de San Cristovo das Viñas onde exerceu a maior parte do seu labor docente pois foi mestre dela durante corenta e sete anos, desenvolvendo unha intensa actividade alfabetizando a moitos veciños e asistindo a doentes. Tamén dirixiu o Colexio Alborada.
Recoñecementos Polo seu labor social, recibiu en 1978 a Cruz de Afonso X o Sabio. O 27 de maio de 2009 foi descuberto o seu busto na praza de San Cristovo das Viñas.
Vida persoal Casou con Mercedes García Caridad e foi pai de Agustín, Jesús Arsenio, María del Pilar e Gustavo Díaz García.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1911
Categoría:Finados en 1986 Categoría:Orde de Afonso X o Sabio