Marrás é un lugar da parroquia de Maceda no concello coruñés de Melide, na comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE, en 2020 tiña 8 habitantes (7 homes e 1 muller).

Topónimo Segundo Manuel Mosquera Mandra é unha palabra grega usada no latín, por esa razón acaba sendo aguda, e que fai referencia a un lugar para estacionar carros, ben sexa para comer as bestas de tiro, ben sexa en espera de ser remolcados. Xeralmente viaxaba o carro, non as bestas de tiro que facían só o tramo de mutatio a mutatio. O transporte de gran facíase en toneis e era competencia do Estado ao igual ca o da annona (intendencia militar). O seu transporte requiría control e vixilancia, por iso ese estacionamento de carros estaba próximo ao campo marzo.

MANDRAS>manrras>marras

Manrras, no encontro das tres consoantes /n-d-r/ consérvase en principio o /n/ facendo forte o /R/. Finalmente o son forte /rr/ acaba absorbendo o /n/. .

Lugares e parroquias Lugares de Maceda

Parroquias de Melide

Notas

Categoría:Lugares de Melide Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía