Historicamente as mulleres tiveron que loitar para abrirse paso no campo das ciencias, unha contorna tradicionalmente masculina e vetada para elas. A contribución destas mulleres tivo un grande impacto no desenvolvemento das matemáticas.
Contexto histórico As matemáticas sempre estiveron presentes na vida dos seres humanos dende a máis remota antigüidade. A necesidade de contar, medir e rexistrar eses resultados están presentes en multitude de achados arqueolóxicos datados hai miles de anos. Un dos máis famosos é o óso de Ishango, descuberto en 1960 no Lago Eduardo (situado entre a República Democrática do Congo e Uganda). Pertence ao Paleolítico Superior e os últimos estudos o sitúan cunha antigüidade de máis de 20.000 anos. Este óso non só ten marcas, tamén ten agrupacións delas, o que pon de manifesto un coñecemento matemático dun grao superior de abstracción ao da simple marca. Este óso foi descrito alt=Muller ensinando xeometría. Detalle dunha ilustración medieval|miniatura|Muller ensinando xeometría. orixinalmente como un rexistro de números primos e duplicación. Posteriormente, Alexander Marshack concluíu que representaba un calendario lunar de seis meses. Pero, como indica a etnomatemática Claudia Zaslavsky no seu artigo "As mulleres como primeiras matemáticas", a natureza cíclica da menstruación ten xogado un papel importante no desenvolvemento do conteo, as matemáticas e a medición do tempo. As marcas lunares atopadas en fragmentos de ósos prehistóricos mostran como as primeiras mulleres marcaron os seus ciclos e así comezaron a marcar o tempo. Agora ben, quen salvo unha muller que faga un seguimento dos seus ciclos necesitaría un calendario lunar? pois probablemente as primeiras persoas que se adicaron á agricultura poderían ter gardado tamén eses rexistros. Pero resulta que as mulleres foron, probablemente, as descubridoras da agricultura. Entón, calquera que sexa a mirada, sen dúbida as mulleres foron as primeiras matemáticas, conclúe Zaslavsky no seu artigo.
Despois deses primeiros tempos, ao longo da historia as mulleres foron relegadas da educación, da política, da participación social… da cidadanía, a sociedade impuxo ás mulleres o exercicio duns roles moi definidos, relacionados normalmente có coidado, a educación de fillos e fillas, a alimentación, a familia… é dicir, as tarefas do ámbito privado, doméstico. Un ámbito importante -sen o que non existiría todo o demais- pero desvalorizado socialmente. Pero dende os inicios da civilización atopamos a mulleres que loitaron por saír da esfera do privado e ser recoñecidas no ámbito público. Foi unha tarefa moi complicada na que participaron mulleres de tódalas épocas e clases sociais.
Como di Sandra Harding: "Está probado, histórica e documentalmente, que se intentou excluír ás mulleres do campo científico con máis ardor, aínda, que dos campos de batalla. A represión, burla, desconsideración e desautorización, que tiveron que soportar para acceder á ciencia son dificilmente imaxinables nos tempos actuais, pero a pesar de todo, as mulleres sempre buscaron estratexias para se incorporar a aqueles campos do saber que se consideraban exclusivos dos varóns". alt=Emilie Le Tonnelier de Breteuil, Marquesa de Châtelet|esquerda|miniatura|197x197px|Marquesa de Châtelet Todas elas sufriron, en maior ou menor grao, e pola súa condición de mulleres, dificultades para acceder á educación e ao exercicio da profesión científica. A profesora Coral del Río autora do prólogo de Mujeres matemáticas: Las grandes desconocidas- sinala: "Obviamente, a limitada presenza de mulleres nos centros do saber garantía unha cota masculina artificialmente sobredimensionada que permitía (e segue a permitir) aos homes gozar dun maior poder e prestixio. Que ata (ben entrado) o século XX en moitos países as mulleres non tiveran acceso á universidade, e ao exercicio de profesións que requirían estudos superiores, en igualdade de condicións que os varóns, non se pode explicar se non é a partir desta obviedade. De igual forma, só así pode entenderse que mulleres que lograron recoñecemento académico en vida, foran borradas da Historia da Ciencia có paso dos anos. Non é casualidade: o que a unhas se lles nega, a outros beneficia, e neste xogo de suma cero os homes alt=Emmy Noether|miniatura|206x206px|Emmy Noether (como colectivo) non escatimaron en estratexias obstrucionistas, cando non prohibicionistas e/ou violentas contra das mulleres". alt=Ada Byron Lovelace|esquerda|miniatura|235x235px|Ada Lovelace alt=Diagrama de mortalidade, área polar, de Florence Nightingale|miniatura|Diagrama de Florence Nightingale Agora ben, no caso particular das mulleres matemáticas, como di Susana Mataix: "A pesar do illamento intelectual ao que estiveron sometidas as mulleres no pasado, resulta admirable comprobar que en todas as épocas xurdiron matemáticas dispostas a desafiar as normas e dedicarse á ciencia. É case imposible descubrir trazos comúns nelas que expliquen por que escolleron o camiño insospeitado; ou identificar circunstancias favorables que xustifiquen a súa loita nun mundo dominado polos homes. Batéronse en solitario, instigadas por un verdadeiro desexo de saber, de entender e de expoñer as súas propias opinións. Se repasamos as achegas dalgunhas destas matemáticas, obsérvase que a súa soidade levounas a elixir campos novidosos e a realizar achegas singulares. Tanto a Marquesa de Châtelet, defensora do británico Newton contra o estamento cartesiano da súa patria; como a xenial Emmy Noether, colaboradora nas teorías da relatividade de Einstein; sen esquecer a figuras tan especiais como Ada Lovelace, visionaria informática; ou Florence Nightingale, pioneira da estatística médica, son exemplos do papel desempeñado polas mulleres con vocación matemática e decididas a liberarse de ataduras e prexuízos para marcar novos rumbos no desenvolvemento da mente humana". alt=Mary Fairfaix Greig Somerville|esquerda|miniatura|189x189px|Mary Somerville Unha das mulleres que citaba Mataix, Madame de Châtelet, científica francesa do século XVIII, no prefacio do libro A fábula das abellas, no que expón as súas ideas sobre a exclusión das mulleres das ciencias, di: Texto orixinal:"I feel the full weight of the prejudice which so universally excludes us from the sciences; it is one of the contradictions in life that has always amazed me, seeing that the law allows us to determine the fate of great nations, but that there is no place where we are trained to think ..." alt=sophie germain|miniatura|191x191px|sophie germain O rastrexo de mulleres matemáticas ao longo da historia non é tarefa fácil, pois como recoñecen Adela Salvador e María Molero no seu artigo La geometría vista por Grace Chisholm Young o nome das mulleres vai cambiando ao longo da súa vida -primeiro teñen o apelido do seu pai, pero co matrimonio o substitúen polo do seu esposo-. É o caso, por exemplo, da "Raíña das ciencias do século XIX" que nace como Mary Fairfax (polo seu pai), pasa a ser Mary Greig (despois do seu primeiro casamento) e finalmente pasa a chamarse Mary Somerville (polo seu segundo esposo). Pero ademais, moitas mulleres non utilizaban o seu nome, como Sophie Gerrmain que utilizaba un pseudónimo "Antoine-Auguste Le Blanc" ou "Monsieur Le Blanc", ou a propia Ada Lovelace que firmou o seu traballo só coas súas iniciais (A.A.L.), en ambos casos para intentar que o seu traballo non fora rexeitado de entrada pola súa condición de muller. Invisibles para os poderosos e ausentes da historia "oficial" da ciencia, mulleres de tódalas civilizacións sentíronse atraídas polo coñecemento dende os inicios da humanidade.
Séculos XXIII (a. n. e.) - V (n. e.)
A historia escrita da ciencia empeza en Exipto durante o Imperio Antigo (2778-2263 a.n.e.), nos tempos das pirámides. A eles interesábanlles os aspectos máis prácticos da ciencia, alt=Enheduanna, daughter of Sargon of Akkad|miniatura|En Hedu'anna|318x318px polo que desenvolveron as partes das matemáticas e a astronomía máis aplicables aos problemas do momento: reservas de trigo para o comercio, ou como cortar os bloques de pedra que se necesitaban para as súas xigantescas edificacións. O cálculo do tempo foi o que deu o impulso inicial á observación astronómica sistemática, actividade na que foron os pobos de Mesopotamia -sumerios, babilonios e asirios- os que lograron os maiores adiantos científicos. Nestas culturas o coñecemento estaba en mans de sacerdotes e sacerdotisas. A cultura sumeria -adoptada polos sucesivos invasores da rexión- concedía á muller unha posición e unha autonomía relativamente altas; e é precisamente aí onde atopamos a En Hedu'anna, ou Enheduana, primeira persoa en firmar os seus escritos e destacada matemática.
Anos máis tarde a lenda asocia a fundación da cidade de Cartago, no ano 814 a. n.e., coas matemáticas e coa princesa fenicia Elisa de Tiro (s. IX a.n.e), convertida por Virxilio nun dos persoeiros da Eneida co nome de Dido, fundadora e primeira raíña de Cartago. Dido resolveu o problema isoperimétrico de delimitar, no norte de África, o terreo de superficie máxima que podía abarcar coa pel dun touro, onde lle permitían establecerse co seu séquito. Para conseguir o seu obxectivo, elixiu un terreo na costa que circunvalou cunha semicircunferencia cuxa lonxitude era a da corda elaborada coa pel do touro, que cortou en tiras finísimas, atando os extremos.
Dende a óptica occidental, cando se buscan os inicios das matemáticas xorde o nome da Escola Pitagórica, considerada a iniciadora da ciencia grega. Aínda que con frecuencia se fala "dos pitagóricos" -invisibilizando así ao gran número de mulleres que formaron parte dela dende os seus inicios ata a súa desaparición- esta comunidade científica introduciu ás mulleres na corrente da filosofía natural e a matemática. Tódolos seus integrantes escribían baixo o nome de Pitágoras e os descubrimentos e especulacións na Escola Pitagórica eran propiedade común dos seus membros, que as conservaban en segredo. Á morte de Pitágoras, foi unha muller -Theano de Crotona- a que tomou as rendas da Escola e, xunto con outros membros da mesma, ocupouse de difundir os coñecementos que alí se tiñan xerado. alt=Retrato de Hypatia|miniatura|Hipatia de Alexandría|237x237px Fora da comunidade pitagórica as mulleres tiñan poucas oportunidades na sociedade grega. Nunha sociedade que veneraba a sabedoría, a maior parte das mulleres eran analfabetas. A pesar disto, en Atenas e nas demais cidades-estado dominadas polos homes, algunhas mulleres conseguiron superar as trabas culturais e contribuír á ciencia, como Aglaonike de Tesalia que foi famosa no seu tempo (s. V a.n.e.) pola súa capacidade de predicir eclipses solares e lunares, aínda que logo pasara á historia como unha feiticeira.
Xa entrando na nosa era, e baixo o dominio do Imperio Romano, iniciouse unha época de decadencia científica. A crenza xeneralizada era que todo o coñecemento importante atopábase nas obras dos "antigos" -os gregos clásicos- e que era imposible formular novas ideas ou descubrir algo que non coñeceran xa os seus predecesores. Pero pouco antes da caída do Imperio Romano de Occidente, no século IV en Alexandría, deuse un pequeno renacemento científico alumeado pola máis famosa das mulleres de ciencia ata Marie Curie, Hipatia de Alexandría. Foi a última científica pagá do mundo antigo, destacada Astrónoma, Filósofa e Matemática, que se negou a traizoar os seus ideais e converterse ao cristianismo. Como pagá, partidaria do racionalismo científico grego e personaxe político influente, Hipatia estaba nunha situación moi perigosa nunha cidade que era cada vez máis cristiá. O seu brutal asasinato marcou o final da ensinanza platónica en Alexandría e en todo o Imperio Romano, chegando a simbolizar o fin da ciencia antiga, ou clásica.
Idade media (s. V-XV)