John Wilden Hughes, Jr., nado en Lansing (Míchigan) o 18 de febreiro de 1950 e finado en Nova York o 6 de agosto de 2009, foi un director, produtor e guionista cinematográfico estadounidense. Dirixiu, escribiu e produciu varios dos filmes de máis éxito das décadas de 1980 e 1990.

Traxectoria Hughes naceu en Lansing, Míchigan, dunha nai que se dedicaba á caridade como voluntaria e de John Hughes, Sr., que traballaba en vendas.Datos sobre John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014 Pasou os primeiros anos da súa vida en Grosse Pointe, Míchigan. Vanity Fair John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014 Hughes describiuse a si mesmo como un neno «bastante tranquilo».John Hughes Consultado o 20 de maio de 2014

En 1963, a familia de Hughes mudouse a Northbrook, Illinois, suburbio de Chicago. Alí, o seu pai atopou traballo vendendo materiais para tellados. Hughes estudou en Grove Middle School, e posteriormente en Glenbrook North High School, que lle serviu de inspiración para os filmes que lle deron son. Coñeceu a Nancy Ludwig, animadora e a súa futura esposa, no instituto. De adolescente, Hughes tiña o cinema como medio de escape.

Hughes traballou en Virginia Slims, o que facía que viaxase frecuentemente á sede de Philip Morris. Iso permitíalle visitar as oficinas da revista National Lampoon. Pouco despois, converteuse en colaborador habitual.

O seu primeiro guión acreditado, National Lampoon's Class Reunion, escribiuno mentres aínda traballaba na revista. O filme foi o segundo intento desastroso de duplicar o éxito de National Lampoon's Animal House. Porén, o seguinte guión de Hughes, National Lampoon's Vacation, foi un grande éxito en 1983. Iso, xunto con outro guión de éxito do mesmo ano, Mr. Mom, valeulle para lograr un contrato de tres filmes con Universal Pictures. O seu debut no cinema, Sixteen Candles, foi un éxito de crítica en 1984.

Hughes foi coñecido como o "rei dos filmes de adolescentes", así como por axudar a lanzar as carreiras de actores como Michael Keaton, Molly Ringwald, Anthony Michael Hall, Bill Paxton, Matthew Broderick, Macaulay Culkin e John Candy. Moitos deles formaron parte do chamado Brat Pack.

O 5 de agosto de 2009, Hughes e a súa esposa viaxaron a Nova York para visitar o seu fillo James e o seu novo neto. James dixo que o seu pai aparentaba ter boa saúde esa noite e que a familia fixera plans para o día seguinte. Na mañá do día 6, Hughes estaba a pasear preto do seu hotel en West 55th Street en Manhattan cando sufriu un ataque cardíaco. Foi levado ao Roosevelt Hospital, onde se certificou a súa morte aos 59 anos. O funeral de Hughes tivo lugar o 11 de agosto en Chicago; foi enterrado en Lake Forest Cemetery.

Filmografía Ano Título Director Produtor(Executivo) Guionista Outros Notas1982National Lampoon's Class Reunion Actor: 'Rapaza' cunha bolsa de papel na cabeza (sen acreditar)1983Mr. MomNational Lampoon's Vacation Tamén letrista por "Walley World National Anthem"Nate and Hayes1984Sixteen Candles1985The Breakfast Club Actor: Pai de Brian (sen acreditar)European VacationWeird Science1986Pretty in PinkFerris Bueller's Day Off Actor: Home correndo entre taxis (sen acreditar)1987Some Kind of WonderfulPlanes, Trains and Automobiles Tamén letrista por "I Can Take Anything"1988She's Having a BabyThe Great Outdoors1989Uncle BuckChristmas Vacation1990Home Alone1991Career OpportunitiesOnly the LonelyDutchA pequena pillabana1992BeethovenHome Alone 2: Lost in New York1993Dennis the MenaceBeethoven's 2nd Baseado en personaxes creados por Edmond Dantés1994Baby's Day OutMiracle on 34th Street 1995Mallrats Agradecemento1996101 Dalmatians1997FlubberHome Alone 31998Reach the Rock 2000Beethoven's 3rd Baseado en personaxes creados por Edmond Dantés2001Just VisitingNew Port South2002Maid in ManhattanHome Alone 4: Taking Back the House Based on characters created by Hughes 2008Drillbit Taylor

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas John Hughes collected coverage from The Guardian Times Topic: John Hughes collected coverage from The New York Times Guest Book for John Hughes from Legacy.com Part 1 Part 2 1985 interview podcast from the American Film Institute Vanity Fair Interview

Categoría:Nados en Lansing, Míchigan Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Humoristas dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa