Lisa Marie Nowak, nada en Washington, D.C. o 10 de maio de 1963, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misión STS-121.
Traxectoria Nowak graduouse en enxeñaría aeroespacial na Academia Naval dos Estados Unidos en 1985 e é máster en enxeñaría aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1992.
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando na misión STS-121 e pasando un total de 12,78 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-121
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Washington, D.C.