Patch the Sky é o décimo segundo álbum en solitario do músico estadounidense Bob Mould, antigo membro de Hüsker Dü e Sugar, publicado o 25 de marzo de 2016 a través do selo Merge Records.
Antecedentes Patch the Sky é descrito por Mould como o terceiro álbum dunha triloxía, sendo os outros dous o Silver Age de 2012 e o Beauty & Ruin de 2014. Esta triloxía inciciouse coa fichaxe de Mould por Merge Records e co recrutamento do baixista Jason Narducy e o batería Jon Wurster para a súa banda de gravación e xira.
Bob Mould considerou inicialmente facer un álbum principalmente acústico, semellante á súa estrea de 1989 Workbook. A canción "Hold On" data desa época, e foi escrita como unha canción acústica máis lenta en 2013.
A nai de Mould morreu tras o lanzamento de Beauty & Ruin, e isto, xunto con outras circunstancias na vida do músico, fixo que o ton do álbum fose máis escuro.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Bob Mould Categoría:Álbums musicais de 2016 Categoría:Álbums producidos por Bob Mould Categoría:Álbums de Merge Records