Quinn Alexander Cook, nado o 23 de marzo de 1993 en Washington, D.C., é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 1,85 metros de estatura xoga na posición de base.
Traxectoria profesional Tras non ser escollido no Draft da NBA de 2015, Cook asinou cos Oklahoma City Thunder para a Liga de Verán de Orlando, e cos Cleveland Cavaliers para a Liga de Verán de Las Vegas. En setembro de 2015, asinou cos Cavaliers, pero foi cortado tras participar en seis partidos de pretemporada.
O 26 de febreiro de 2017, Cook asinou un contrato de dez días cos Dallas Mavericks. Debutou na NBA o día seguinte, xogando 17 minutos na vitoria por 96–89 contra os Miami Heat.
O 19 de marzo de 2017, Cook asinou un contrato de dez días cos New Orleans Pelicans. Tras asinar un segundo contrato de dez días o 29 de marzo de 2017, os Pelicans quedaron con Cook ata o final de tempada.
O 17 de outubro de 2017, Cook asinou cos Golden State Warriors, onde conseguiu o seu primeiro campionato da NBA en 2018 despois de que os Warriors derrotasen ós Cleveland Cavaliers en catro partidos. O 28 de xuño de 2019, os Warriors converteron a Cook en axente libre restrinxido.
O 6 de xullo de 2019, Cook asinou cos Los Angeles Lakers. Alí conseguiu o seu segundo campionato da NBA despois de que os Lakers venceran ós Miami Heat en seis partidos nas Finais da NBA de 2020. O 19 de novembro de 2020, os Lakers cortaron a Cook. O 4 de decembro de 2020, Cook asinou de novo cos Lakers. O 24 de febreiro de 2021, Cook foi cortado polos Lakers.
O 12 de marzo de 2021, Cook asinou un contrato de dez días cos Cleveland Cavaliers, e asinou outro o 22 de marzo de 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban