A zona especial de conservación do río Tea é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe á meirande parte do leito fluvial do río Tea, e parte de afluentes seus como os ríos Alén, Xabriña ou o rego de Borbén. Esta área de conservación ocupa 356,38 ha. de concellos das comarcas do Condado, da Paradanta e Vigo, e pasa polas vilas de Mondariz Balneario, Mondariz e Ponteareas. Remata coa desembocadura do río Tea no Miño, uníndose así coa ZEC Baixo Miño.

O espazo protexido destaca polos arboredos de ribeira con abeneiros e as carballeiras conservadas, e pola a presenza do salmón atlántico.

Xeografía A área de conservación ocupa 356,38 ha. de concellos das comarcas de do Condado, pois comeza en Covelo; da Paradanta, pois discorre por Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño; e de Vigo, pois discorre por Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.

O espazo abrangue a case totalidade do río Tea. Comeza polo leste en Covelo cubrindo parte da ribeira do rego de Fofén, que é afluente do río Tea. Outra área protexida é a do o río Alén, que é un tributario do Tea e que xungue con este entre Covelo e Mondariz. O treito protexido do Alén comeza no río da Portela do Foxo en Fornelos de Montes e continúa polo Alén cara ao sur. Ademais, na raia entre Mondariz e Mondariz Balneario únese outro treito protexido, o do río Xabriña, e que procede do sur de Mondariz. Ao chegar ao concello de Ponteareas o Tea recibe ao rego de Borbén, que decorre desde Pazos de Borbén ata chegar alí. Arredor do sur da vila de Ponteareas o espazo abrangue tamén un pequeno afluente, o regato de Bouza.

Desde Ponteareas o Tea continúa dirección sur ata chegar ao Miño en Salvaterra, desembocando á altura da illa de Fillaboa. A desembocadura no Miño supón a unión coa ZEC Baixo Miño.

Hábitats miniatura|Ribeira do Tea en Cernadela, Riofrío, Mondariz. O río Tea limítase a cubrir só aos leitos de río e algunha cabeceira, como o caso de áreas en Covelo. Os hábitats de interese de protección que destacan nel son as formación herbosas naturais ou non naturais, como os prados; e algunhas formación rochosas e covas e bosques de encostas, que son mixtos e con especies caducifolias como os freixos ou lamigueiros.

Fauna e flora Flora O espazo natural está dominado pola flora acuática e de leitos do río, dos bosques de ribeira de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior) e as carballeiras galaico-portuguesas de carballos (Quercus robur) e cerquiños (Quercus pyrenaica). Destacan tamén pola súa importancia algúns bosques de encostas e as pseudo-estepas de gramíneas anuais.

Entre as especies presentes do catálogo galego de especies ameazadas están:

Especie Cryphaea lamyana Narcissus cyclamineus Woodwardia radicans

Fauna Neste espazo atópanse 23 especies de especial interese de conservaciónAquelas recollidas no Anexo II da DC 92/43/CEE da rede Natura 2000.. Destacan os odonatos Oxygastra curtisii, Macromia splendens e Cerambyx cerdo, os sapoconchos común (Emys orbicularis) e o riscado (Mauremys leprosa) ou algunhas aves, como a en perigo de extinción como a tartaraña cincenta (Circus pygargus)Oito especies do Anexo I da DC 2009/147/CE da rede Natura 2000..

Os ríos do espazo natural teñen interese piscícola grazas á presenza de salmón atlántico (Salmo salar).

As especies de fauna de interese de conservación, como indica o anexo II da Directiva 92/43/CEE, presentes son:

Grupo Especie Invertebrados Cerambyx cerdo Invertebrados Elona quimperiana Invertebrados Euphydryas aurinia Invertebrados Geomalacus maculosus Invertebrados Lucanus cervus Invertebrados Macromia splendens Invertebrados Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Invertebrados Oxygastra curtisii Peixes Chondrostoma polylepis Peixes Cobitis taenia Peixes Petromyzon marinus Peixes Rutilus arcasii Peixes Salmo salar Anfibios Chioglossa lusitanica Anfibios Discoglossus galganoi Réptiles Lacerta schreiberi Mamíferos Galemys pyrenaicus Mamíferos Lutra lutra Mamíferos Myotis myotis Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación O río Tea foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia Categoría:Río Tea