Sobredo é un lugar da parroquia de Guillarei, no concello pontevedrés de Tui, na comarca do Baixo Miño. Segundo o padrón municipal de habitantes do Instituto Galego de Estatística no ano 2019 tiña 210 habitantes (101 homes e 109 mulleres), un descenso de 26 habitantes respecto ao ano 1999.

Historia A primeira mención histórica a este lugar é do 1095, co nome de SoberetoMartínez Sigüenza, X. (2010). As parroquias de Tui –síntese histórica–. Revista de Estudios Provinciais Nº 19, Deputación de Pontevedra..

Mártires de Sobredo Artigo principal: Mártires de Sobredo

O 28 de novembro de 1922, Cándida Rodríguez González, embarazada e veciña de Pazos de Reis, Joaquín Besada, de Soutelo, e Venancio González Romero, de Budiño, foron asasinados a tiros pola Garda Civil por defender un veciño contra o pagamento dos foros.

Patrimonio Monumento aos Mártires de Sobredo: monumento dedicado aos mártires construído en 1988. Houbo outro monumento anterior edificado en 1931, pero este foi dinamitado polos franquistas durante a represión franquista dos anos 30. Nel celébrase unha homenaxe aos tres mártires cada 28 de novembro.

Lugares e parroquias

Lugares de Guillarei

Parroquias de Tui

Notas

Categoría:Lugares de Tui