Angela White, nada en Sidney o 4 de marzo de 1985, é unha actriz e directora de cinema porno australiana. En 2020 converteuse na primeira lograr a mención á mellor artista feminina da AVN tres veces.
Traxectoria Empezou na industria no porno con Score en 2003 e gravou a súa primeira escena xusto despois de facer 18 anos de idade. En 2007 recibiu o título de modelo voluptuosa do ano de Score e tamén debutou na televisión, ao aparecer en catro episodios da serie de comedia australiana Pizza e nese ano matriculouse na Universidade de Melbourne para realizar estudos de xénero no que se graduou en 2010 cunha tesiña sobre as experiencias das mulleres na industria pornográfica australiana. que se publicou en 2017 como o capítulo "The Porn Performer" da obra The Routledge Companion to Media, Sex and Sexuality..
En 2010 foi candidata polo Partido do Sexo Australiano nas eleccións do estado de Victoria e centrou a súa campaña na defensa dos dereitos dos traballadores do sexo.
Ata o ano 2011 só participou en escenas con mulleres e foi nese ano no que realizou a súa primeira escena cun home para o DVD Angela White Finally Fucks o que relanzou a súa carreira. En outubro de 2014 asinou un contrato de distribución con Girlfriends Films para a realización de películas, a primeira foi, Angela e a relación rematou cando en 2016 se trasladou aos Estados Unidos e asinou con Spiegler Girls para filmar con Brazzers, Naughty America e Jules Jordan.
En xaneiro de 2018 presentou a 35ª entrega dos premios AVN en Las Vegas, xunto co comediante Aries Spears e a estrela de webcam Harli Lotts. Nesa mesma gala White entrou no Salón da Fama da AVN e foi recoñecida como artista feminina da AVN de 2018. Na 36ª gala da AVN de 2019 de novo recoñecérona como a artista feminina do ano, con Tori Black, a única en ser recoñecida dúas veces. En xaneiro de 2020, na 37º gala da AVN outra volta volveu ser recoñecida por terceiro ano consecutivo mellor artista feminina do ano, a única que tivo esa mención tres veces e ademais gañou o premio á mellor actriz. Xunto con Ashlyn Gere e Hillary Scott son as únicas en conseguir a mención da mellor artista feminina e mais o premio á mellor actriz o mesmo ano.
Dende 2013 dirixiu máis de 130 películas, moitas protagonizadas por ela e baixo o selo da súa propia produtora AGW Entertainment. Ademais tamén é modelo de cámara web.
Filmografía
2014 – Angela 2015 – Angela Loves Women 2015 – Angela Loves Men 2015 – Angela Loves Threesomes' 2015 – Angela 2 2016 – Angela Loves Gonzo 2016 – Angela Loves Women 2 2016 – Angela Loves Men 2 2017 – Angela Loves Women 3 2017 – Angela Loves Threesomes 2 2017 – Angela Loves Anal 2017 – Angela 3 2017 – Angela White Is Titwoman (Elegant Angel) 2018 – Angela Loves Women 4 2018 – Angela Loves Anal 2 2018 – Angela By Darkko (Evil Angel) 2018 – I Am Angela (Evil Angel) 2019 – Angela Loves Women 5 2019 – Angela White: Dark Side (Jules Jordan) 2019 – Drive (Deeper) 2019 – Perspective'' (Adult Time)
Notas
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Sidney Categoría:Alumnos da Universidade de Melbourne Categoría:Directores de cinema porno Categoría:Actores porno de Australia Categoría:Actrices de porno heterosexual