Santiago Casares Quiroga, nado na Coruña o 8 de maio de 1884 e finado en París o 17 de febreiro de 1950, foi un político e avogado galego. Foi un dos signatarios do Pacto de San Sebastián (1930) e deputado a Cortes da ORGA (Organización Republicana Autónoma Galega), un partido que dirixiu e fusionou en 1936 coa Izquierda Republicana. Ocupou varias carteiras ministeriais e chegou a ser presidente do goberno de España durante a Segunda República.
Traxectoria 150px|miniatura|esquerda|Casa natal. Fillo de Santiago Casares Paz, militante do Partido Republicano Federal e alcalde republicano da Coruña en 1917. Desde os cinco anos padeceu tuberculose. Cursou os estudos universitarios en Madrid e doutorouse en Dereito cunha tese dedicada á Ramón de la Sagra. Deses anos en Madrid, regresou a Galicia cunha filla, Esther, que entregou á custodia do seu pai. Dende 1907 foi concelleiro na Coruña e nese ano converteuse nun dos membros destacados de Solidaridad Gallega. Ligado ao Partido Republicano Autónomo da Coruña do que foi líder con 24 anos. En 1914 asumiu a dirección do periódico republicano Tierra Gallega. Como consecuencia da súa implicación nunha campaña anticlerical en 1917 na que resultou agredido, foi destituído como concelleiro.
En 1919 figurou como candidato a deputado a Cortes pola Coruña na coalición republicano-socialista, sendo derrotado. Casou en 1920 con Gloria Pérez Corrales, filla dun militar cacereño republicano e dunha cigarreira coruñesa. Coa chegada ao poder de Primo de Rivera permaneceu un curto período na cadea e despois dedicouse aos negocios e a administrar a súa fortuna. O 11 de febreiro de 1926 creouse a Alianza Republicana, e integrouse nela con Xerardo Abad Conde como representantes do Casino Republicano Coruñés.
O 5 de setembro de 1929 Casares reuniuse no Casino de Santiago de Compostela con Emilio González López, Antón Villar Ponte e outros intelectuais para crear un novo partido político republicano de carácter autonomista que se denominou ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma). Participou no Pacto de San Sebastián (1930), en representación da Federación Republicana Gallega. En decembro dese ano, foi enviado a Jaca como delegado do comité revolucionario republicano na clandestinidade para evitar a sublevación que preparaban un grupo de militares republicanos. Non chegou a tempo, polo que a sublevación tivo lugar, sen éxito ningún. A consecuencia disto, foi encarcerado.
Segunda República Española Coa chegada da Segunda República foi nomeado ministro da Mariña no goberno provisional, de abril a outubro de 1931, e máis tarde ministro de Gobernación. Elixido deputado polas Cortes Constituíntes pola ORGA, seguiu sendo ministro de Gobernación durante o goberno socialista-republicano presidido por Manuel Azaña.
miniatura|Escultura na Coruña, obra de 1995 de José Castiñeiras. Elixido deputado de novo en 1933, e en 1934 (a ORGA pasa a chamarse Partido Republicano Gallego) une o seu partido co de Azaña e outras forzas para crear a Izquierda Republicana, partido que se integraría na Fronte Popular. Tralas eleccións xerais de 1936 é nomeado ministro de Obras Públicas. Tralo acceso de Manuel Azaña á presidencia da República, Casares Quiroga é nomeado presidente do Goberno e ministro da Guerra. Como presidente, organiza o referendo sobre o Estatuto de autonomía de Galicia de 1936, o terceiro que se presenta despois dos de Cataluña (1932) e País Vasco (1936), o cal foi aprobado en plebiscito o 28 de xuño do mesmo ano.
Guerra civil española Casares segue sendo presidente do goberno cando se produce o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que desembocaría na guerra civil española. Afirmouse tradicionalmente que se negou a entregar as armas ás organizacións obreiras, polo que dimitiu e foi substituído por Diego Martínez Barrio de forma interina e por José Giral definitivamente. Así e todo, as memorias de Manuel Portela Valladares (inéditas até 1972) e as da súa filla María Casares, coinciden en afirmar o contrario: foi o presidente da República, Azaña, quen cesou a Casares o mesmo 18 de xullo de 1936 porque este último quería entregar as armas ao pobo.
Non ocupou ningún cargo máis durante a Guerra Civil, marchando a Francia antes da súa finalización. Morreu no exilio en 1950.
A súa figura foi especialmente infamada polo franquismo, véxase como exemplo a seguinte misiva do gobernador civil da Coruña, José María de Arellano, ás autoridades de Burgos:
Legado e recoñecementos O 14 de abril de 2007 foi inaugurada na Coruña a Casa Museo Casares Quiroga na que fora a súa casa na Coruña.Casa Museo Casares Quiroga Concello da Coruña.
Leva o seu nome unha praza na Barcala, Cambre, que alberga unha escultura de Casares Quiroga obra de José Castiñeiras.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Santiago Casares Quiroga" na Gran Enciclopèdia Catalana .
Outros artigos Historia de España Manuel Azaña Manuel Portela Valladares Casa Museo Casares Quiroga
Ligazóns externas
Expediente de responsabilidades políticas de Santiago Casares Quiroga
Portal Fuenterrebollo (Gobernos da II República) en fuenterrebollo.com .
Categoría:Presidentes de España Categoría:Ministros da Segunda República Española Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Políticos da ORGA Categoría:Exilio galego Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exiliados do franquismo Categoría:Ministros de Xustiza de España