Mongolia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón participou en cada unha das edicións dos Xogos Olímpicos de Verán agás nunha soa ocasión, na que non participou como parte do boicot liderado pola Unión Soviética aos Xogos Olímpicos de 1984.Олимп: Монголын баг тамирчидын олимпод үзүүлж байсан амжилтуудаас (mongol) Mongolia tamén participou nos Xogos Olímpicos de Inverno dende 1964, perdendo só os Xogos de Inverno de 1976.

Os atletas mongois gañaron un total de 31 medallas, todas elas nas competicións de verán, nas disciplinas de loita libre, boxeo, tiro e judo. Antes dos Xogos Olímpicos de 2008, Mongolia era o país que máis medallas de prata e bronce gañara sen conseguir ningunha de ouro. Mongolia gañou a súa primeira medalla de ouro en judo con Naidangiin Tüvshinbayar, que gañou na proba de 100 kg masculina.

O Comité Olímpico Nacional Mongol foi creado en 1956 e foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional en 1962.

Táboas coas medallas Medallas nos Xogos de Verán XogosAtletasOuroPrataBronceTotalPosto Toquio 1964 21 0 0 0 0 – Cidade de México 1968 16 0 1 3 4 34 Múnic 1972 39 0 1 0 1 33 Montreal 1976 32 0 1 0 1 34 Moscova 1980 43 0 2 2 4 27 Os Ánxeles 1984 non participou Seúl 1988 28 0 0 1 1 46 Barcelona 1992 33 0 0 2 2 51 Atlanta 1996 16 0 0 1 1 71 Sydney 2000 20 0 0 0 0 – Atenas 2004 20 0 0 1 1 71 Pequín 2008 29 2 2 0 4 31 Londres 2012 29 0 2 3 5 56 Río de Xaneiro 2016 43 0 1 1 2 67 Toquio 2020 43 0 1 3 4 71 París 2024 32 0 1 0 1 74 Os Ánxeles 2028 Evento futuro Brisbane 2032 Total 2 12 17 31 89

Medallas por deporte DeporteOuroPrataBronceTotal 20px Judo 1 5 6 12 20px Boxeo 1 2 4 7 20px Loita 0 4 6 10 20px Tiro 0 1 1 2 Total 2 12 17 31

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Mongolia nos Xogos Olímpicos