Benito Víctor Fraga García, finado en Noia en decembro de 1924,El Pueblo Gallego, 16-12-1924, p. 12. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro en Noia dende 1902. Foi nomeado xuíz municipal en xuño de 1905, permanecendo no cargo ata 1907. Alcalde substituto de Severo González Botana logo do levantamento de 1910 e candidato á alcaldía xunto con Luís Vidal e Genaro Blanco nas eleccións de 1911. Foi nomeado alcalde por Real Orde en xaneiro de 1911.El Correo de Galicia, 7-1-1911, p. 2. Deixou a alcaldía en 1913, logo de non ser elixido concelleiro. Foi despois secretario municipal ata 1924. Coa ditadura de Primo de Rivera foi detido, pero liberado aos poucos días debido á falta de probas, reintegrándose ao seu cargo de secretario. Foi cesado pola nova corporación nomeada en xaneiro de 1924.
Vida persoal
Casou con Emilia Vidal Barreiro, filla de Venancio Vidal Reino. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Finados en 1924