Un comité olímpico nacional (NOC, polas súas siglas en inglés) é a sede nacional de cada país encargada polo Comité Olímpico Internacional de «fomentar e protexer o Movemento Olímpico nos seus respectivos países».Carta Olímpica - versión en castelán. Capítulo 4: Los Comités Olímpicos Nacionales (CON) Comité Olímpico Ecuatoriano. Consultado o 30 de xuño de 2012. Pode nomear cidades das súas áreas respectivas como candidatas para Xogos Olímpicos futuros. Estes comités tamén promoven o desenvolvemento dos atletas e preparan aos adestradores e oficiais nun nivel nacional.
Estados membros Até 2016, existen 206 comités nacionais, representados por nacións soberanas e algúns territorios dependentes. Os 193 países pertencentes ás Nacións Unidas teñen un comité olímpico nacional ademais doutros trece territorios:
República da China, designado como China Taipei polo COI. Autoridade Nacional Palestina, designada como Palestina polo COI. República de Kosovo, designada como Kosovo polo COI. Catro territorios dos Estados Unidos: Samoa Americana, Guam, Porto Rico e as Illas Virxes dos Estados Unidos. Tres territorios británicos: Bermudas, Illas Virxes Británicas e Illas Caimán. Unha área pertencente aos Países Baixos: Aruba. As Antillas Neerlandesas perderon o seu status en xullo de 2011, como consecuencia da disolución das Antillas Neerlandesas. Hong Kong, unha rexión administrativa especial da República Popular da China. Illas Cook, un estado asociado de Nova Zelandia.
Asociación de Comités Olímpicos Nacionais Os comités olímpicos nacionais son membros da Asociación de Comités Olímpicos Nacionais (ACNO), a cal tamén está dividida en cinco asociacións segundo o seu continente:
Continente Asociación CON CON máis antigo CON máis novo 180px Asociación de Comités Olímpicos Nacionais de África 53 Exipto (1910) Sudán do Sur (2015) Organización Deportiva Panamericana 41 Estados Unidos (1894) Dominica (1993)Saint Kitts e Nevis (1993)Santa Lucía (1993) Consello Olímpico de Asia 44 Xapón (1912) Timor Leste (2003) Comités Olímpicos Europeos 50 Francia (1894) Kosovo (2014) Comités Olímpicos Nacionais de Oceanía 17 Australia (1895) Tuvalu (2007)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Comité Olímpico Internacional