O Gran Premio da Toscana foi unha carreira de automobilismo disputada en Italia, formando parte do calendario da tempada de Fórmula 1. Disputouse no circuíto de Mugello, situado na localidade de Scarperia e San Piero. O nome tomouse da rexión de Toscana, rexión na que se localiza o circuíto.
Historia Trala cancelación de gran parte das carreiras debido á pandemia por coronavirus de 2019-2020, o calendario reduciuse e propúxose facer unha tempada dentro de Europa para evitar longas viaxes e reducir custos. En principio, disputaríanse oito carreiras e durante o Gran Premio de Estiria confirmouse a extensión da tempada engadindo o Gran Premio da Toscana e o Gran Premio de Rusia.
O circuíto de Mugello, a miúdo usado como circuíto privado para Ferrari, debutou na Fórmula 1 cunha lonxitude de 5.245 km.
Gañadores Fórmula 1
Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Lewis Hamilton Mercedes Mugello Resultados
Notas
Referencias
Véxase tamén
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 Categoría:Gran Premio da Toscana Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos