Os montes Adirondack (en ) é un macizo montañoso dos Estados Unidos no nordés do estado de Nova York. Ten unha extensión de 13 000 km2 entre montañas, terras boscosas, outeiros redondos, vales en forma de U e lagos. Eríxese por riba da rexión montañosa dos Apalaches.
Etimoloxía Pénsase que a palabra Adirondack provén do vocábulo mohawk ha-de-ron-dah que significa "comedores de árbores". O primeiro uso escrito, que aparece como Rontaks, foi en 1729 por parte do misioneiro francés Joseph-François Lafitau. Este explicou que a palabra era empregada polos iroqueses como expresión despectiva contra os grupos de algonquinos que nos practicaban a agricultura e polo tanto ás veces tiñan que comer árbores para sobrevivir durante o inverno. Como os mohawks non tiñan linguaxe escrita nesa época, os europeos empregaron varias traducións fonéticas da palabra, como Achkokx, Rondaxe e Adirondax. Estas palabras estaban moi asociadas á rexión, mais non eran aínda consideradas un topónimo: un mapa inglés de 1761 nomea a área simplemente como Deer Hunting Country ("país da caza do cervo"). En 1837, os montes foron chamados Adirondacks por Ebenezer Emmons.
Montañas O conxunto dos montes de Adirondack consíderase «montañas novas» pois segundo un estudo orográfico medra 1,5 mm anualmente. O cumio máis alto é o monte Marcy con 1629 m, fonte máis alta do río Hudson. Existen unhas corenta montañas que superan os 1200 metros.
A maioría dos montes altos teñen tres zonas de vexetación: A primeira, a de faia, pradairo e bidueiro amarelo do bosque de madeiras duras do norte. A segunda, de abeto vermello e o balsámico. A terceira na cima, unha zona alpina de rochas con lique, Cyperus rotundus e krummholz.
Parque nacional En 1882, o estado de Nova York declarou a rexión parque nacional aínda que existían propiedades privadas que se manteñen. O fin desta declaración foi conservar «a vida silvestre [, e que as terras] non se poidan vender, arrendar ou intercambiar, nin seren ocupadas por corporacións, privadas ou estatais».
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Visit Adirondack
Categoría:Cordilleiras dos Estados Unidos de América