Marine Observation Satellite ou MOS foi unha serie de dous satélites artificiais da axencia xaponesa NASDA para o estudo da Terra.
Características Os satélites MOS, tamén coñecidos como Momo, foron os primeiros satélites xaponeses de observación da Terra construídos con tecnoloxía propia. O seu obxectivo era facer medicións e observacións para a protección da contorna e a busca de recursos naturais. Os satélites foron enviados a órbitas duns 900 km de altura. Cada un levaba a bordo un tres radiómetros para a observación en distintas lonxitudes de onda.
MOS 1a foi lanzado o 19 de febreiro de 1987 mediante un foguete N-2, mentres que MOS 1b foi enviado ao espazo a bordo dun H-I o 7 de febreiro de 1990, ambos desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Notas
Véxase tamén Outros artigos N-2 H-I
Categoría:Satélites artificiais