Millepora tenera é unha especie de cnidario hidrozoo da subclase dos hidroidolinos, orde dos antoatecados, suborde dos capitados, unha das quince recoñecidas na actualidade (2020) na familia dos milepóridos.Millepora tenera Boschma, 1949 no WoRMS. Consultado o 3 de setembro de 2020.Millepora tenera en Catalogue of Life: 2020-08-01 Beta. Species 2000. Millepora tenera Boschma, 1949] Consultado o 3 de setembro de 2020.Millepora tenera Boschma, 1949 no ITIS. Consultado o 3 de setembro de 2020.

É unha especie de coral de fogo colonial con esqueleto calcario que se encontra en arrecifes de coral en augas pouco profundas do mar Vermello, océano Índico e o sur do Pacífico.

Aliméntase de plancto e completa parte das súas necesidades enerxéticas coas microalgas simbiontes que se atopan nos seus tecidos. É un membro importante da comunidade de arrecifes e está suxeita ás mesmas ameazas que outros corais. Pode provocar picadas dolorosas aos mergulladores incautos.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1949 polo zoólogo neerlandés Hilbrand Boschma, no seu traballo "Notes on specimens of the genus Millepora in the collection of the British Museum. Proceedings of the Zoological Society of London 119: 661-672.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Millepora cruzi Nemenzo, 1975 Millepora tenella Ortmann, 1892 Millepora tortuosa Dana, 1848

Distribución e hábitat Millepora tenera encóntrase nas costas do océano Índico e do Pacífico suroccidental. A súa área de distribución se estende desde o mar Vermello e a costa oriental de África e as illas Seychelles até o Xapón, Australia, Samoa Americana e as illas Marianas.

Habita a profundidades de até os 15 m, a miúdo en lugares de augas turbias, xa que tolera certo grao de sedimentación. E moitas veces se encontra en sitios despexados en mar aberto.

Toxicidade Ao igual que outros corais de fogo, Millepora tenera pode causar erupcións dolorosas cando se toca coa pel espida. Os nematocistes deste coral conteñen neurotoxinas que poden causar convulsións, insuficiencia respiratoria e a morte en ratos. O extracto dos nematocistes provoca hemólise, contúne un factor dermonecrótico e ten propiedades antixénicas. Os coellos inmunizados co extracto desenvolven anticorpos neutralizantes que protexen contra a hemólise, a dermonecrose e a muorte. O antisoro tamén podería usarse para protexer contra as toxinas presentes nos extractos de 'Millepora alcicornis.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), coniderando que Millepora tenera ten unha área de distribución ampla e que é común en gran parte desta área, aínda que está suxeita ás enfermidades comúns dos corais e ao branquexamento en condicións ambientais adversas e, ao igual que outros corais, está ameazada pola degradación do seu hábitat nos arrecifes de coral, e tendo en conta, porén, que é unha especie de crecemento rápido, e é unha das primeiras especies de Millepora en recolonizar os arrecifes danados, avalía o seu status como LC (pouco preocuante).Obura, D. O., Fenner, D., Hoeksema, B. W., DeVantier, L. & Sheppard, C. (2014): Millepora tenera na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 3 de setembro de 2020.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía George, John David & Jennifer George (1979): Marine Life: An Illustrated Encyclopedia of Invertebrates in the Sea. New York, NY, USA: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4710-5675-1, pp. 18-21. Schuchert, P. (2011): Millepora tenera Boschma, 1948. En: Schuchert, P. World Hydrozoa database. (Actualizado o 4 de setembro de 2020). Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences. Wilkinson, C. (2004): Status of Coral Reefs of the World. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science. Wood, E. M. (1983): Reef corals of the world: biology and field guide. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. ISBN 978-0-8766-6809-2.

Outros artigos Hidrozoos Millepora''

Categoría:Hidrozoos Categoría:Animais descritos en 1949 Categoría:Fauna de África Categoría:Fauna de Oceanía