A cultura de Golasecca (entre os séculos -IX e -IV) foi unha cultura arqueolóxica da Idade de Bronce tardía e a Idade de Ferro temperá desenvolvida no norte de Italia, cuxos sitios arqueolóxicos foron escavados en Golasecca na provincia de Varese, Lombardía, onde, na área de Monsorino a principios do século XIX, o abade Giovanni Battista Giani fixo os primeiros descubrimentos dunhas cincuenta tumbas con olaría e obxectos de metal.
A evidencia material da cultura está espallada nunha ampla área de 20 000 km²Raffaele de Marinis, Liguri e Celto-Liguri in Italia. Omniun terrarum alumna, Garzanti-Scheiwiller, 1988. ao sur dos Alpes, entre os ríos Po, Serio e Sesia, e limitada polo norte polos pasos alpinos.
Fases A continuación amósanse as diferentes fases da cultura de Golasecca:Raffaele C. De Marinis, La civiltà di Golasecca: i più antichi Celti d'Italia.
Cultura de Canegrate: século -XIII Proto-Golasecca: século -XII a -X Tipo Ascona I ou A (século -XII) Tipo Ascona II ou B (11th century) Tipo Ca’ Morta (Como) - Malpensa (século -X). Golasecca I A: séculos -IX a -VIII. Golasecca I B: finais do século -VIII - comezos do século -VII. Golasecca I C: século -VII. Golasecca II A: -600 a -550. Golasecca II B: -550 a -500. Golasecca III A: -500 a -350. G. III A 1: -500 a -450. G. III A 2: -450 -400. G. III A 3: -400 a -350.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Raffaele De Marinis (1991). "I Celti Golasecchiani". In Multiple Authors, I Celti, Bompiani. Raffaele De Marinis (1990). Liguri e Celto-Liguri, Officine grafiche Garzanti Milano, Garzanti-Scheiwiller Ludwig Pauli, 1971. Die Golaseccakultur und Mitteleuropa: Ein Beitrag zur Geschichte des Handels über die Alpen (Hamburg: Hamburger Beiträge zur Archäologie). Francesca Ridgeway, in David Ridgeway, Francesca Ridgeway, eds. Italy Before the Romans (Academic Press) 1979.
Categoría:Historia de Europa Categoría:Culturas arqueolóxicas