Pedro Luís Castañón López, nado en Santiago de Compostela, é un piloto de automobilismo galego.

Competiu primeiro en karting e logo en carreiras de montaña, especialidade na que gañou o Campionato de Portugal en 2014. É fillo do expiloto Pedro Castañón.

Traxectoria Comezou no karting por influencia do seu amigo Víctor Senra. Pasou logo a correr con barquetas e quedou quinto no Campionato de España de CM en 2010, e terceiro ao ano seguinte no Open de España de Prototipos, na categoría P3. En 2012 debutou no Campionato de Montaña de Portugal, na Rampla da Cerveira, logrando o segundo posto absoluto.

En 2013 debutou no Campionato de Galicia de Montaña, participando por primeira vez na Subida a Chantada, onde logrou a segunda posición final só por detrás de Martín Villar. Ao ano seguinte disputou o Campionato Nacional de Montaña de Portugal, conseguindo tres vitorias absolutas, dous segundos postos e un terceiro, resultados que o coroaron como campión absoluto. Foi o piloto de menos idade en lograr o campionato e o único vencedor estranxeiro.

Notas

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Pilotos de automobilismo de Galicia