Carlos Justo Velo, nado en Ribadavia cara a 1911 e finado na Caniza o 6 de setembro de 1936, foi un practicanteSanitario que pon inxeccións, realiza pequenas curas etc. e político galego.
Traxectoria Sobriño do médico José Velo Castro e curmán de Carlos Velo. Fixo os estudos de practicante en Santiago de Compostela, rematando en 1933.El Eco de Santiago, 29-6-1933, p. 2. Foi practicante de Castrelo de Miño. Demandou ao Concello de Castrelo de Miño con Emilio Bande en 1934 por práctica de procedemento de apremio.El Pueblo Gallego, 4-4-1937, p. 11. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado no Alto do Mesón de Oroso (A Caniza).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "A labazada dos mortos" e Castrelo de Miño-Ourense.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos