Ievgeni Vasilievich Khrunov, nado en Prudy, Tula, o 10 de setembro de 1933 e finado o 20 de maio de 2000, foi un cosmonauta soviético que formou parte das misións Soiuz 4 e Soiuz 5.

Traxectoria Khrunov graduouse na Academia Militar de Enxeñería da Forza Aérea, en Monino, en 1968, e máis tarde obtivo un doutoramento en ciencias técnicas.

Adestrouse como cosmonauta entre 1960 e 1961, participando na primeira transferencia de tripulación entre dúas naves acopladas en órbita, a Soiuz 4 e a Soiuz 5. Posteriormente foi nomeado xefe do Comité do Estado para Relacións Económicas co Exterior, abandonando o cargo en 1989 e traballando despois como enxeñeiro na industria do transporte. Faleceu dun ataque ao corazón o 20 de maio de 2000.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 4 Soiuz 5

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados en Rusia