A selección de fútbol de Sri Lanka (en , en ) é o equipo representativo de Sri Lanka nas competicións oficiais deste deporte. A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol de Sri Lanka (en ), pertencente á Confederación Asiática de Fútbol (AFC) e á FIFA. Antes de 1972 o equipo recibía o nome de selección de fútbol de Ceilán, adoptando o actual nome após a mudanza do nome do país. Alcumados os Leóns dourados, nunca conseguiron participar nin na fase final dunha Copa do Mundo nin da Copa Asiática.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial da Federación de Fútbol de Sri Lanka Perfil de Sri Lanka na páxina web da FIFA
Categoría:Fútbol en Sri Lanka