Antonio Esquivias, nado na Coruña en 1964, é un actor e actor de dobraxe galego, ademais de ter unha ampla carreira como locutor e docente, sendo coñecido por ser o dobrador de Kelsey Grammer e dalgúns personaxes de The Simpsons, especialmente do Actor Secundario Bob (ao que Kelsey Grammer dá voz na versión orixinal).

Traxectoria Nado na Coruña, comeza clases de Canto no Conservatorio de Música dende moi novo. Ademais, alí recibe clases de Declamación, Ortofonía e Dicción. A comezos da década de 1980 comeza a cursar Dobraxe con Salvador Arias e tamén, na mesma época, comeza a súa carreira profesional no mundo da voz e da interpretación.

Dobraxe Dado o seu dominio tanto do castelán como do galego, realiza dobraxes en ámbalas dúas linguas.

Dobraxe en castelán Dende 1981 presta a súa voz a distintos personaxes en series e filmes. É especialmente recoñecido por papeis como os interpretados por Kelsey Grammer en Frasier, Cheers, Fame (o filme) e Boss; o Actor Secundario Bob, Mel, Chalmers, o Texano Rico e Deus, entre outros, en The Simpsons e Langley en The X-Files. Ademais, deu a súa voz a Coco en Sesame Street e foi Raphael en Teenage Mutant Ninja Turtles. Ademais tamén colaborou na dobraxe de videoxogos como no novo título de Ubisoft The Division no que fai a voz de locutor de radio. Tamén dobrou no ano 2019 a Bona Festa en One Piece Stampede, da famosa franquía anime/manga One Piece

Dobraxe en galego Dende 1984 até 1996 realiza varias dobraxes, entre as que salientan: Os dez mandamentos, The Private War of Major Benson e O home Omega onde pon voz a Charlton Heston; A ponte de Casandra, dobrando a Richard Harris, As aventuras de Jeremiah Johnson, dando voz a Robert Redford e O rei e eu, dobrando a Yul Brynner. Ademais, dobrou durante catro tempadas a Adam West en Batman e a Robert Wagner en Madame Sin e tamén puxo a súa voz para a versión galega de Dragon Ball interpretando a personaxes como Nam.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Actores de voz de Galicia