Óscar Albeiro Figueroa Mosquera, nado o 27 de abril de 1983, é un levantador de peso colombiano, campión olímpico que competiu na categoría de 62 kg até 2018 e na de 67 kg a partir de 2018, logo de que a Federación Internacional de Halterofilia reorganizase as categorías. Naceu en Zaragoza, en Antioquia.

Inicialmente anunciou o seu retiro do deporte despois dos Xogos Olímpicos de 2016, mais regresou á competición internacional competindo no Campionato Internacional de Halterofilia de 2018.

Traxectoria miniatura|esquerda|Figueroa levantando o récord olímpico de 177 kg nos Xogos Olímpicos de 2012. Olimpíadas Nos Xogos Olímpicos de 2004 clasificouse inicialmente no quinto posto na categoría de 56 kg, levantando un total de 280 kg, quedando finalmente no quinto posto.

Nos Xogo Olímpicos de 2008, Figueroa non conseguiu facer un levantamento, non podendo erguer a barra dende o chan nos tres intentos. Despois da competición, descubriuse que tiña unha hernia cervical que debilitou a súa man dereita. Deixou as Olimpíadas sen lograr un resultado e foi sometido a unha cirurxía para corrixir a hernia.

No seu regreso nos Xogos Olímpicos de 2012 despois da súa lesión, clasificouse inicialmente no terceiro posto cun levantamento de 140 kg. Despois de errar nos seus primeiros dous levanetamentos, conseguiu completar con éxito un récord olímpico de 177 kg. Isto outorgoulle un total de 317 kg; o medallista de bronce Eko Yuli Irawan tamén conseguiu o mesmo peso, mais Figueroa tiña un corpo máis lixeiro (61,76 kg contra 61,98 kg) o que lle valeu a medalla de prata.

A comezos de 2016, Figueroa tivo unha cirurxía para corrixir unha dor crónica no lombo provocada pola súa hernia lumbar, e volveu a competir nos Xogos Olímpicos de 2016 con esperanzas de gañar o ouro. O 8 de agosto de 2016, Figueroa finalmente gañou o ouro na categoría de 62 kg cun total de 318 kg. Despois de errar nun levantamento de 179 kg coa intención de estabelecer un novo récord olímpico, Figueroa colleu os seus zapatos e colocounos na plataforma, sinalando o seu retiro inmediato do deporte.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Athlete Biography FIGUEROA Oscar en beijing2008

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Halterófilos olímpicos de Colombia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos en halterofilia Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Colombia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Colombia Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2016