Turid Rugaas, nada en Oslo en 1938, é unha adestradora de cans e escritora norueguesa. Rugaas tivo o seu primeiro can en 1948 e converteuse en adestradora dende 1969. Montou a súa escola de cans Hagan Hundeskole en 1984 na súa granxa dos fiordes de Noruega. Comezou a educar outros adestradores de cans e a dar seminarios en 1992. No presente, está retirada do adestramento profesional, mais siga a impartir seminarios e obradoiros internacionalmente.

Publicou varios libros e DVDs incluíndo o popular On Talking Terms with Dogs. Identificou unhas 30 sinais de acougo que empregan os cans para se comunicar.

Obra On Talking Terms with Dogs: Calming Signals Dogwise Publishing, 2005. My Dog Pulls. What Do I Do? Dogwise Publishing, 2005. Barking: The Sound of a Language Dogwise Publishing, 2005. Pet dog trainers of Europe Code of Ethics: a way to take dog training into the 21st century. In: Journal of Veterinary Behavior. 2011.

DVDs The Wee Signs of Dogs Puppies What do I do when my dog pulls Search games (with Anne Lil Kvam) Scent Discrimination (with Anne Lil Kvam)

Notas

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Oslo Categoría:Escritores de Noruega